Triatlon Olímpico de Baiona 2015

Triatlon Olímpico de Baiona 2015

Manu castro  no aire.
Manu castro no aire.

O 16 maio ás 16:00h daba inicio a primeira edición do “Triatlón Atlántico de Baiona” nun marco incomparable e coa presenza dalgúns dos mellores trialetas a nivel mundial, como o gran Uxío Abuín e César Saracho nun gran estado de forma xa que durante a fin de semana anterior desputaran nun apretadísimo sprint a Copa de Europa triatlón de Madrid.
A temperatura da auga invitaba ó baño e parecía indicar que o sector da natación non daría problemas, sen embargo nada máis sair do abrigo do muelle, o forte vento do norte provocou que o mar estivese picado facendo costa arriba parte do sector. Por si isto fora poco, a falta dunha cuarta boya dificultou que moitos participantes se orientaran correctamente e fixeran uns metros de máis.
A primeira transición era rápida aínda que non falta de riscos debido ó esbaradizo que resultaba o piso mollado nas zonas onde non había moqueta.
O segmento da bicicleta estivo marcado polos fortes refachos de vento que azoutaban ó litoral, que marcou importantes diferencias a favor dos especialistas no sector da bicicleta sen drafting.
Unha vez na carreira a pé os triatletas enfrontáronse a un percorrido de sube e baixa con constantes cambios de dirección, o que imposibilitaba manter un ritmo constante. Isto xunto coa fatiga acumulada, convertírona nunha carreira de supervivencia.
Xa na meta as caras dos participantes misturaban cansancio e satisfación por rematar un triatlón que non resultou nada doado, e foi a ledicia de centos de seguidores que non pararon un momento de animar ós valentes triatletas.
Destacar o gran 6° posto de María Martínez e a gran actuación de Brais Misa, que ainda estando lesionado obtivo un 7° posto, así como Kike no 12+1, e o resto do club Sergio, Víctor Saa, Manu Castro, Víctor Mouriño, Manu Salgueiro, Pablo Regueira, Pablo Soto, Miguel Fernández, Jorge Massó, Felipe Domínguez, Santi Romero e Ramón Lago.
Persoalmente, foi a primeira distancia olímpica, onde quedei moi contento pola experiencia, pero queda moito moitísimo por aprender. Felicitar á organización por un bonito trazado e polo seu gran esforzo. Vémonos no 2016.

Crónica: Víctor Saa

Fotos Iván Reguera

Share this post