Fotografía extraída da web da Federación Galega de Atletismo. Membros da selección galega cadete.
Foto: Lucus.
Disputouse en Málaga o Campionato de España Cadete CSD de Pista por Comunidades Autónomas, participando Iria Rodríguez Huertas coa Selección Galega na proba de 600 ML, onde acadou a 7ª posición con 1.40.44. Sen dúbida, a longa viaxe de máis de 17 horas nun autobús e sen apenas durmir pasoulle factura contra o final da proba, cando se decidiu a carreira. De todas formas, axudou cos seus puntos para que o equipo feminino de Galicia acadase a cuarta posición por Autonomías. Agora a descansar e recuperarse destas duras semanas de competicións, e preparar con máis calma os vindeiros campionatos de España que veñen a partires de xuño.