I DUATLÓN DE ARTEIXO 2016

I DUATLÓN DE ARTEIXO 2016

 

IMG_20160320_112224

O pasado domingo 20 de Marzo celebrouse o I Duathlón do concello de Arteixo.
Saimos de Porriño as 7:30 AM dirección Arteixo para poder desfrutar un día máis do noso deporte. O mal tempo, que viña acompañado con choiva e moito frío, non foi un impedimento para os nosos campións, que unha vez máis cada un deles deu todo de sí para poder acadar o mellor posto na clasificación.
Comeza a proba absoluta masculina onde contabamos con: Brais Misa, Enrique Moran, Ismael Lago, Iago Sobreira, Víctor Mouriño, David Oliveira e Jose Angel Álvarez. E a continuación, saen Iria Rodríguez e Rocío Blanco.

Todos fixeron un gran traballo, a pesar do mal tempo e dos nervios previos, xa que para algúns tratábase do seu primer Duathlón, pero todos conseguiron acabar esta magnífica proba.
Dende o club dámoslle a noraboa a Rocío Blanco por rematar a proba e conseguir clasificarse entre as quince primeiras, e por suposto, non poden faltar as felicitacións de Iria Rodríguez por ser a 1ª clasificada na categoría Cadete Feminina a pesar da competencia.

Crónica : María Nieves

Share this post