Faí muito, muito tempo, celebrábase na vila Pontevedresa do Porriño unha proba deportiva popular, chamada Duatlón, na que os participantes, homes e mulleres de coraxe e valor indiscutible, mantiñan as máis encarnizadas loitas por demostrar a suas capacidades e algún, o máis capacitados, por conseguir a victoria…Nas crónicas da época podíase leer…
O pasado sábado día 20 de septembro, celebrouse o II Duatlon Concello do Porriño, unha proba xoven pero con unha organización extraordinaria e comprometida con este deporte. Un duatlón o que se lle pode augurar un futuro exitoso si se sigue facendo igual de ben, coa mesma seriedade e ilusión ca demostrada nas duas edicións.
No club xa se notaba durante a semana o aire deportivo e as ganas de competir que desperta esta proba local. Sempre e una motivación extra correr na casa, rodeado de xente coñecida e un público volcado; recibindo agarimos, aplausos e gritos de ánimo que axudan no esforzó e sirven de motivación extra para encontrar o alento que falta o esa pizca de forza que surde cando xa parece que non queda un grao de enerxía. Por iso é de recibo, un merecido aplauso e o agradecemento sincero para todo ese público.
A meteroloxía levaba toda a semana dándonos unha de cal e outra de area, e o sábado, pra non variar amaneceu nublado e durante a mañá inda vimos como caían unhas goteiras. No era a mellor forma de animarse para enfrentar a proba con ánimos encendidos, pero, a medida que pasaba o día iba cambiando o tempo e poñéndose un día expléndido para correr…
O duatlón na modalidade de sprint é unha proba exigente, unha carreira agónica, donde tes que ir a tope dende o comenzó hasta o final. Enfrentarte sen reservar un gramo de forza os 5 km de carreira a pe, 20 km de bici e de novo 2,5 km de carreira a pe.
A proba reuníu a uns 120 participantes e comenzou sobre as 17:00 horas. Como é habitual nestas probas, respirábase un ambiente deportivo e animado. Na rúa durante o quecemento e na saída era visible a numerosa participación dos atletas do Club de Atletismo Porriño.
Dende a saida Brais Misa, Oscar Bernárdez e José L. Dorado impuxeron un ritmo alto, que ademáis de facer as delicias do público, provocaron as primeiras cribas e a formación de varios grupos.
Nun 2º grupo de corredores, Quique Morán e Ismael Lago mantiñan a distancia controlada ca cabeza da carreira…
e seguindo de cerca sua estela, un 3er grupo onde o club tiña colocados a Diego Salgueiriño e Marcos Francés. Non muy distanciados, Iago Sobreira, Pablo Regueira ou Rubén Sío dábanlle emoción a estas primeiras voltas.
As rapazas tamén mantiñan un bo ritmo e María Martínez colocábase nunha 2º posición que defendía coa as ganas e a forza que a caracterizan…
Rocio esprimíase o máximo por non perder de vista a Isaias, Carlos (secretario) que non tiñan boas intencions…
Despóis de completar as duas voltas, na zona urbana do pobo e sempre arropados por un numeroso e entusiasmado público, os corredores afrontan a 1ª transición para encarar a 2ª . E como é habitual neste trance da carreira, alternanse as posicions dos corredores que chegan o mesmo tempo. As transicións son unha mezcla de accións de habilidade, destreza e rapidez, onde cada corredor ten que descalzar as “zapas” de carreira o tempo que pon o casco e colle a bicicleta para sair correndo ata raia de saída, onde debe subirse nela e iniciar a carreira en bicicleta. A partir de aquí, cada un dos participantes buscará o mellor grupo se non e quen de tirar só, coa forza necesaria…
O tramo de bici faise nun percorrido de 2,5 km, o que hay que dar 4 voltas. Discurre dende a Biblioteca na Avda. Domingo Bueno saindo hacía Tuy pola N550, ata cerca da rotonda deAtios e volta a saida.
Na bicicleta sigue sendo Brais Misa o que impon o ritmo, mostrando unha forza física superior o do resto dos corredores que sairon con él da 1ªT. Nestas primeiras voltas tense que retirar por problemas musculares Oscar Bernárdez.
José Luis Dorado xa se distancia de Brais e incorporase a un grupo mais numeroso, onde tamen van metidos, Quique Morán e Isma Lago. Seguindo a este grupo, fórmase una terceira grupeta onde van colocados Diego Salgueiriño e Marcos Francés con outros corredores.
Mentres no 2º grupo hay discusión e falta de entendemento para conseguir marcar un bo ritmo, neste 3er grupo, salvo alguna excepción, fragua a colaboración e o entendemento para entrar nos relevos e lanzar o grupo na caza do 2º grupo. E na última volta consiguen o obxetivo.
Outro feito inda sin aclarar é a caída de Iago Sobreira que votou o traste a sua carreira e tivo que retirarse (hai moitas dudas no clube sobre a veracidade dos feitos, ¿caiu, tirouse…?)
O importante e que non se lesionou e o outro corredor tampouco tivo lesións de gravedade.
Por detrás, sufrindo un mundo e votándolle muitas ganas, María Martinez roda con problemas físicos pero termina a proba de bici e fai un último esforzo para correr os 2,5 km do último sector.

O espectáculo tamen o manteñen por detrás outros corredores, en solitario ou en grupos, en loita contra o crono, contra algún compañeiro de equipo ou simplemente disfrutando co obxetivo personal de conseguir cruzar a línea de meta.
Este ano a organización decidiu un cambio do circuito da carreira a pe. A saida fixose dende a C/ do Concello e tomando a costa hacía a Avda. Antonio Palacios chegávase a rotonda pra virar a esquerda hacia a Avda. Galicia. Esta rúa percorrese completa ata a rotonda das Angustias, onde xiramos de novo a esquerda para enfilar a C/ Ramirans, outra vez ata a seguinte rotonda, xiro hacia dereita pola rúa Peña ata o paso a nivel, onde se xira hacia a esquerda en dirección a Rúa Cando e Rúa Leandro Diz. O final de esta última, xiro a esquerda hacía a Rúa Manuel Rdguez. Unha vez aquí, xa se percorre todo o centro da vila ata chegar de novo a meta.

Carlos merecía unha tarxeta roxa por aceptar avituallamiento do público…pero tampoco o miraron (esta oportunidade non se podía deixar escapar…)
Crónica: Marcos frances
Fotografías: Doris