I Carreira Via Nova de Bande 2014

I Carreira Via Nova de Bande 2014

Juan Carlos e Iago disfrutando da carreira
Fotografia: Juan Carlos

Debaixo do temporal que sufriu a nosa comunidade nas vísperas de Reis, estreábase no Concello ourensán de Bande, a súa primerira carreira popular “Vía nova”, que colle o nome da antiga calzada romana que unía as localidades de Braga e Astorga. De feito, Bande ten unha grande riqueza cultural histórica, onde podemos destacar a propia Via Nova romana que atravesa a localidade ou o seu Campamento Romano que data do ano 79/80.

O día presentábase duro, non só pola climatolixía debido ás granizadas e nevadas antes da proba, senón tamén polo circuito que nos tiñan preparado ó que teríamos que dar 3 voltas. Tras unha saída favorable, tiña dous repeitos de dureza considerable  e unha forte baixada bastante técnica debido ó curveo e o terreo mollado, polo que non foi un circuito propicio para facer “marca”.

Había atletas ilustres na saída como Victor Rioboo (que colaboraba na organización da proba) e Iolanda Gutierrez do team NB ou Javier Paredes da Sociedade Gimnastica de Pontevedra, que sería o que se levaría a Victoria na categoría maculina. Na categoría feminina sería a atleta do Ourenrunning.

Pola nosa parte Iago sobreira sería o gañador na súa categoría e 16º na xeral, Ismael Lago Monroy 6º, Juan Carlos Vidal 15º, Jose Antonio Burgos 24º, Alberto Domínguez 43º e Sandra Sobreira 88ª e  5ª feminina.

Crónica: Alberto Dominguez

Share this post