Olimpiada Solidaria no Concello de Porriño
Nestas datas de ledicia e reencontros das familias, non todos poden disfrutar delas pola súa situación económica; o clube aportou o seu grao de area coa participación na Olimpiada Solidaria do Concello do Porriño. Consistía nunha demostración das distintas modalidades deportivas que ofrecen os clubes do Concello; a nosa quenda foi as 11 da mañá no aparcadoiro da piscina, foi carreira por relevos e vaias, onde os asistentes pasáronno xenial; pero o máis importante foi a aportación de víveres non perecedeiros para o banco de alimentos.