XIII Cross Popular de Boborás
Carla Guisande Vieito, Pablo Almeida Seoane, Yago López Sousa e Nicolás Guisande Vieito.
Fotografía: Aurora Sousa
A pesar do frío e da choiva, catro atletas cativos do Club Atletismo Porriño participaron este domingo no XIII Cross Popular de Boborás.
Na categoría alevín masculino obtivemos 2 podio; Yago Lopez Sousa proclamouse campión da proba e Pablo Almeida Seoane quedou en 2º posto.
En categoría alevín feminino Carla Guisande Vieito tamén subiu o podió quedando 3ª, mesmo posto que acadou o seu irmán Nicolás Guisande Vieito na categoría infantil masculino.
Gran fin de semana dos nosos representantes que conseguiron en total catro podios pese ó mal tempo e a dureza do circuito.