Previa ó Campionato Galego de Duatlón Cross 2013

Enrique Moran, pedaleando no duatlon Beariz 2013
Fotografía: Victor Mouriño

O vindeiro domingo, 17 de febreiro dispútase o Campionato Galego de Duatlon Cross 2013 no duro percorrido de Poio. Despois dos catro clasificatorios onde se puideron comprobar o estado de forma dos duatletas, a proba vai estar moi reñida. Dende o duatlón de Maside, houbo un descanso de quince días para preparar a proba. Hai varios aspirantes que optan o campionato, pero non podemos aventurar gañadores debido a  dificultade técnica do circuito e á sorte mecánica; constitúen estes uns factores que poden influir no resultado final da proba.

Para o noso club é unha proba complicada debido á alta dificultade no sector da Mtb. Xogamos ca baza de Enrique Moran despóis do magnifico circuito realizado e coa volta á competicion de David Dominguez despóis do accidente de Candeán.

Agardamos que algún membro da familia de triatletas do Club Atletismo Porriño que está clasificado para facer este duatlón, dea unha sorpresa de última hora. Mentras tanto, toca agardar polos resultados.

As inscripcións péchanse mañá.

Moita sorte a todos.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *