Víctor Fortes na transición, en Riazor 2012
Fotografía: Ana Bugarín
Coa idea de seguir sumando na formación do triatleta, onte venres o club realizou a I xornada práctica de transicións na modalidade dúatlon, con gran participación.
A xornada estivo estructurada en tres apartados básicos:
-Regulamento a cumprir na transición.
-Colocación da bici, casco e zapatillas.
-Montaxe e desmontaxe da bicicleta.
No apartado primeiro, explicouse qué accións son penalizadas e cales permitidas na área de transición, onde por unha falta de información ou coñecemento podese botar por terra todo o traballo realizado na carreira.
O segundo punto tratou sobre a colocación da bicicleta, casco e as zapatillas na bicicleta para perder o menor tempo posible na entrada e saída da transición.
Por último falamos da montaxe e baixada da bici ó pasar as líñas permitidas para estas accións. Este terceiro punto foi o prato forte da xornada, onde os triatletas tiveron tempo a practicar, sobre todo os recén chegados a este deporte. Algún queixouse de romper os calcetíns!.
Con esta nova xornada, o club segue na liña de formación de aspectos básicos na práctica do triatlón.
Seguiremos formando e informando.