CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIATLON SPRINT G.E ALTAFULLA TARRAGONA

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIATLON SPRINT G.E ALTAFULLA TARRAGONA

 

Isma e Navarrito a sua dereita, cuns compañeiros
Fotografía: Doris fernandes

Xa ás 10:00 da mañá a fermosa e pequena vila de Altafulla fervía de triatletas e acompañantes ataviados das chamativas cores que os identificaban cos seus respectivos clubs deportivos. Polas súas rúas antigas e luminosas bulían con inquedanza deportistas de todas as idades, que apuraban a facer o rexistro no edificio de Casal la Violeta. Dentro, a organización do Campionato de España de Triatlón esmerábase por dar as instrucións axeitadas ás e aos participantes: na reunión técnica decidiuse que non estaba permitido levar neopreno, pois o Mediterráneo agasallábaos con mais de 22º.

Ao longo do día o sol quentou o espírito competitivo e bronceou a pel dos asistentes, que tiveron que deixar o material nos boxes ás 15:00. Moitas dúbidas había acerca da resistencia das cámaras das bicis, malia que xa cerca das 16:00 o vento tarraconense insuflou algo de osíxeno e espertou as augas da praia, que ata entón mexéranse a modiño coma nunha balsa de aceite. Isto desanimou aos participantes mais afeitos a nadar en augas tranquilas, e deu algo de ánimos aos que, coma Ismael Lago Monroy, viñan de competir en augas mais revoltas, coma as de Arteixo.

Unha vez colocados todos os grupos de idade na beira da praia, que congregou a centos de persoas entre turistas, curiosos, acompañantes e afecionados, a primeira saída tivo lugar ás 16:15, e continuou cada dous minutos, permitindo que os diferentes grupos de idade puideran coincidir e ir a roda na proba ciclista.

 

Ismael Lago Monroy saíu decidido á auga e tras facer unha discreta natación, colleu a bicicleta e superou con nota a dura proba da subida ao castelo de Altafulla que trabou o discorrer doutros participantes. Unha vez recuperou arredor dunha centena de postos, chegou de novo á transición entre os primeiros nun pelotón numeroso, o que lle permitiu saír con soltura cara a carreira. Malia o sufocante sol, Ismael Lago Monroy fixo unha proba a pé moi boa, motivado pola cálida acollida da afición congregada ao longo de todo o paseo marítimo que non deixou de animar dende as terrazas, a praia, o paseo e os balcóns de Altafulla. Finalmente, rematou nun moi merecido 16º posto, coa pel algo queimada pero coa satisfacción do traballo ben feito.

Nesta proba tamén participou Jose Angel Navarro, un extleta do club e amigo, que a actualmente reside en Barcelona.

Agradecementos a Doris Fernandes polo sua colaboracion

Share this post