VI Duatlón cross de Beariz 2014
Iván Reguera disfrutando do momento
Fotografía:Cristal
Un ano máis as condicións climáticas deron un toque máis de dureza a un percorrido de por si moi duro. Beariz non defraudou.
A mañá comezaba cunha lixeira nevada, para dar paso a intervalos de choiva e sol. Os duatletas se enfrentaban a un percorrido de 5 km de gran beleza, pero moi duro. Coas pernas quentes, subíronse ás Btt para percorrer 21km por uns sendeiros cheos de barro, pedras e moita auga. E para rematar, un mini trail de 2.5km.
Con estas condicións presentáronse na liña de saida representando o club Iván Reguera, Rubén Sío, Diego Salgueiriño,Miguel Fernández, David Alonso e Abel Barros.
A mala sorte cebouse con Diego Salgueiriño, ó ter que abandoar por un pinchazo na roda traseira, mesma sorte correu Abel Barros que debutaba co club, pero as ganas de rematar foron superiores e con cambio da cámara, estilo formula un puido rematar a proba.
Noraboa ós cinco por rematar esta carreira tan dura. E grazas a Cristal, Santiago e Eva polo seus animos durante toda a proba.
Desexarlle a Priscila Suarez do Trinity Triatlon unha pronta recuperación.
As nosas fotos: https://plus.google.com/photos/114587425111751716667/albums/5970728227605176593
Crónica: Victor Mouriño
Fotografía: Cristal