DUATLON ESTRADA GUITIRIZ 2013
Felipe dominguez, David Dominguez e Manuel Salgueiro en Guitiriz 2013 Fotografía:José Carlos Presa
Mais de 200 duatletas de ámbolos sexos presentáronse na liña de saída para tomar parte na segunda proba clasificatoria para o campionato galego que se celebrará o 5 de Maio en Santiago de Compostela. O circuíto constaba de tres segmentos: 5km de carreira a pé , 20km de ciclismo e 2.5km de carreira a pé, todos sobre asfalto.Ás 15:30 dábase a primeira saída, categoría élite feminima, onde Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) repetiu victoria, seguida por Aída Valiño (Fluvial) e Verónica Montes (A.D. Fogar) segunda e terceira respectivamente.
Esta tarde disputouse a sétima edición do Duatlón Concello de Guitiriz, segunda proba do circuíto galego de duatlón de estrada 2013.
A seguir foi a saída A, categoría masculina sen tempo de corte, na que competieron os nosos triatletas Manuel Salgueiro, Felipe Domínguez e David Domínguez. Os nosos triatletas fixeron un moi bo papel, completando os dous primeiros sectores por debaixo do tempo de corte marcado para a saída B, o que mostra o rápida que era esta proba e da melloría dos nosos deportistas en esta modalidade.
Por último foi a saída B, élite masculina con tempo de corte, onde Gustavo Rodríguez (Fluvial) mostrou unha vez máis o seu poderío no sector ciclista, impóndose con ampla marxe sobre os seus perseguidores, Antonio Serrat (Fluvial), e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) que repetiron o podio da anterior proba disputada en Lugo.
A clasificación a podedes consultar eiquí.
En breve colgaremos as fotos.
Cronica: David Dominguez Mariño