Eventos internacionais 2014
Dentro dun mes varios trileros do Club Atletismo Porriño, debutan na modalidade de media distancia en Portugal. A primeira cita será ol 13 de abril na localidade costera de Ovar, nun formato novo de competición a puntuar en duas das catro probas do percorrido, para proclamar o primeiro Campión Iberico de Triatlon.
Unhas semanas despois, celebrase o 4 de maio o Triatlón de Lisboa, onde o club tamén estará representado. Proba de gran repercusión a nivel europeo.
No noso país tamén competiremos en probas de media distancia coma a primeira edicción do Hércules Xtrm.
E por suposto, a que nos queda ó carón da casa, coa segunda edicción do Desafío Illas Cies.
E claro, a enfermidade non para de extenderse, e este ano aproveitando que se celebra o primeiro longa distancia na comunidade, enviaremos ós tres casos máis gravidade no noso club!.