FINAL PROVINCIAL DUATLÓN ESCOLAR DE ESTRADA 2013

FINAL PROVINCIAL DUATLÓN ESCOLAR DE ESTRADA 2013

Parte do club da proba do duatlon escolar en Porriño

Fotografía: Cristal


Domingo 05 de Maio de 2013, O club Atletismo Porriño tivo un gran desafío na organización da Final Provincial de Duatlon Escolar.A maña arrancou con boa temperatura e sen vento,  condicións ideais para que os cativos gozasen nas distintas probas.
As probas transcorreron por un circuíto plano e moi vistoso, polas rúas principais do concello, o que favoreceu sin dúbida a numerosa presenza de publico.
Máis de 100 deportistas repartidos en catro categorías desputáronse a final provincial e a clasificación para a final galega a disputar en O Carballiño en vindeiras datas.

Ademáis organizouse unha proba popular para a iniciación no duatlon, con gran aceptación.

Os resultados dos nosos pequenos duatletas:

Categoría benxamín masculino: 3º Nicolás Mazoy Garcia
Categoría benxamín feminino: 3º Carla Guisande Vieito
Categoría Alevin masculino: 3º Nicolás Guisande Vieito
Categoría  Alevin feminino: 4º Laura Mazoy Garcia
Categoría Infantil masculino: 1º David Burgos Argibay
Categoría  Infantil feminino: 1º Iria Rodríguez Huertas e 6º Zaira Penabella Prado
Categoría cadete masculino: 1º Hector Alvarez Vicente, 2º Iago Sobreira Garcia e 5º Carlos Vidal Fragueiro

Unha vez mais uns fantásticos resultados para xs nosos cativxs, e esta vez na casa.

Parabéns para os seus adestradores Alfonso Conde Daniel Mouriño e que sigan disfrutando da practica do deporte.

Agradecementos ó Concello do Porriño, Policía Local de Porriño e Mos, Protección Civil de O Porriño, xs fotografxs Cristal, Ana e Iván, e os numerosos voluntarios do club pola gran labor realizada para que a proba saira ben.
Agradecemento especial para Eurobanan pola súa apartación desinteresada de froita para os cativos.

 

Share this post