TRIATLO LONGO DE CAMINHA 2013 (Campionato Nacional de Grupos de Idades )

TRIATLO LONGO DE CAMINHA 2013 (Campionato Nacional de Grupos de Idades )

Caminha foi o esceario escollido este ano para facer o campionato de MD de Triatlón  de grupos de idade na veciña Portugal. A participación estaba aberta para estranxeiros e alí foron catro triatletas do club a disfrutar da experencia.
Manuel, Enrique, Miguel e Victor ó remate da proba
fotografía: Ana Bugarín

Ás 8 da mañá arrancou o transbordador(que fai a ruta de Caminha-A Guarda, na desembocadora do rio Miño), nel ian os 250 participantes que río arriba  levounos á liña de saída onde, un por un, fóronse botando nas frías augas do Miño. A distancia a nadar eran 1900 mtrs, pero as correntes en contra fixeron máis complicada a natación.
O primeiro en sair da auga foi Victor Mouriño na 15º posicion, seguido de Enrique Morán 62º , José Miguel Fernández 117º e Manuel Salgueiro 120º.

O sector da bici consistia en duas voltas pola Serra da Agra, con unhas vistas marabillosas pero moi duras, e con distintas superficies no rodar da bicicleta; adoquin e asalfto vello facían que a rodaxe fose moi irregular. O primeiro en baixar da bicicleta foi Enrique Morán no posto 27º seguido de Victor Mouriño 50º, Manuel Salgueiro 61º e José Miguel Fernández 79º .
E a sorpresa final encontrouse na carrera a pé, onde os 21km transcorreron polo monte, sendeiros de cantos rodados, area de praia e como remate o paseo de formigón. Resultou un circuito moi fermoso pero moi exisente.

O primeiro en rematar a proba foi Enrique Morán cun magnifico 7º posto na clasificación xeral e terceiro na súa categoría. Na posición 38º entrou Víctor Mouriño, superando ós seus medos despóis  da caída no Aviaman 2013. A continuacion remataron a proba José Miguel Fernández no posto 85º e Manuel Salgueiro no posto 104º, facendo este último os 21km co dedo meñique do pé esquerdo roto tras un golpeo na transicion da bici á carreira a pé. Todo un xesto que demostra que estes deportistas estan feitos doutra pasta.

Enrique Moran no final da proba
Victor Mouriño iniciando sector da carreira a pé


Miguel Fernádez entrada na meta

Manuel Salgueiro entrada na meta


Dende o club damos a noraboa os catro triatletas pola súa  demostracion de superacion e sacrificio e por representarnos tan ben!.

Agradecementos pola fotografias a Ana Bugarin

Share this post