V Triatlón Popular Ponte Nafonso Memorial Michel 2013

V Triatlón Popular Ponte Nafonso Memorial Michel 2013

Sandra na carreira a pé
Fotografía: Felipe Dominguez

O pasado sábado disputouse o V Triatlón Popular Ponte Nafonso Memorial Michel, donde o clube contou con unha pequena representación: Sandra Sobreira, Ismael Lago e David Mariño.
A proba comezaba ás 17:00 horas nun magnifico lugar para a práctica do triatlón, Ponte Nafonso, concello de Outes, nunha tarde soleada pero con forte vento que lle daría un plus de dificultade.
O inicio da competición foi unha auténtica proba de supervivencia, chegar a primeira boia supuxo unha loita continua entre empuxóns, patadas e cobadazos debido o xuntos que sairon os 120 participantes.
A seguir, os triatletas fixeron fronte o sector ciclista condicionado polo intenso vento, nun circuito bastante levadeiro que contaba con unha pequena rampa o inicio das voltas donde os triatletas debían realizar un esforzo extra. Para rematar, a carreira a pé discorria por un terreo chan e favorable, donde os bos atletas mostraron todo o seu potencial, resultando gañadores da proba Nicolás Dominguez e Irene Serrat.
Os nosos triatletas finalizaron a proba con boas sensacións e con gañas de afrontar a próximas citas do calendario, recordade que o próximo día 21 celebrarase o primeiro duatlón Concello do Porriño.
Por último pero non menos importante, parabéns os organizadores do triatlón, tanto polo circuito como pola merenda que artellaron o remate da proba e sobre todo polo bo ambiente que alí había, graciñas, o ano que ven alí estaremos.
Agracedementos para David Dominguez pola crónica e Felipe Dominguez polas fotos.

Share this post