Aviaman 2013

Aviaman 2013

Hoxe disputouse a IIIª Copa Deputación de Ourense de Triatlón, popularmente coñecido como o Aviaman entre os concellos de Castrelo, Leiro e Avión.

Alí tiñamos como representantes a Miguel Fernández Cruz, José Vila Abreu (Sevi), Miguel Novo (Michi), Manuel Salgueiro, Víctor Mouriño e a nosa gran baza Enrique Morán.

Sen dúbida pasará a historia por ser o máis duro desputado ata agora.

A proba constaba de 1.900 m. de natación no concello de Castrelo.

Despóis de facer a primeira transición, 90  Km. durísimos de bicicleta como quencemento da proba que resultou máis dura si cabe que a bicicleta; os 21 km. de carreira a pé.

Comenzaba ben a proba para os nosos atletas, saíndo Víctor Mouriño en primeiro lugar do sector de natación en 10º posto. Posteriormente faría a saída Quique Morán un pouco máis atrasado no posto 37º e o resto dos compañeiros de club en posicións máis retrasadas.

Comenzaba a primeira parte dura, onde nos primeiros kilómetros Víctor tivo que abandonar. Foi nesta proba cando Quique Morán deu unha auténtica exhibición chegando á zoa de transición no posto 3º da bicicleta. Deixaba atrás un percorrido durísimo con 4 portos (1 de 2ª Categoría, 1 de 4ª, 1 de 1ª e o derradeiro de 3ª), onde aparecían rampas do 19%. O resto do grupos seguía de lonxe o pedaleo de Quique, pasando posteriormente Michi pola transición, seguido de Sevi e a pouco Miguel. Por último aparecía Manuel Salgueiro que tivo a mala fortuna de facer 18 Km. a máis de percorrido por equivocarse de traxecto.

 

Perfil da proba de ciclismo

Chegaba a carreira a pé, a proba dende logo máis dura de todas segundo os nosos atletas. Un percorrido onde non aparecía ningunha parte plana (tan só 1Km. e medio preto da liña de meta). En medio rampas do 15 ó 30% facéndose este último a modo de trail de montaña (coas mans á rodilla). Despóis das penurias e o esforzo do percorrido, Quique foi quen de chegar en 3º lugar pola liña de meta e facer un merecidísimo podio que leva tempo a traballar. Polo camiño quedou Manuel Salgueiro que non puido rematar a carreira a pé por molestias. Michi rematou en posto 57º e Miguel e Sevi entraron xuntos pola meta nos postos 63º e 64º.

Foi unha mañá intensa e moi dura. Debemos felicitar a cada un dos nosos atletas porque soamente enfrentarse a esta proba require dunha gran dureza mental.

Pero sin dúbida o recoñecemento más grande debe de ser para Quique Morán que o que fixo hoxe foi unha auténtica proeza para un club modesto como o noso.

 

Quique Morán, terceiro clasificado da proba.

Do que estamos seguros é que con este tipo de probas a nosa modestia de club, faise máis grande coa labor de grupo.

Noraboa a todos campións!

 

 

Share this post