Novas sobre o calendario 2013

Novas sobre o calendario 2013

 

 

Facemos un pequeno adianto dás probas para o 2013, de non rematar o mundo hoxe.

Onte foi a reunión para confirmar ás datas das probas das distintas modalidades do triatlón.
O calendario case está listo, pero quedan por confirmar 5 datas que quedaron non aire polo calendario nacional.
Este ano empeza o dia 13 de xaneiro coa modalidade de duatlón cross. Pendente de confirmar a proba, dous concellos punan pola data e rematase a finais de setembro.
A modalidade de duatlón cross estará composta por 4 probas máis a final; duatlón de estrada por 3 probas máis final; triatlón de estrada con 10 probas, das cales serán 5 clasificatorios( Poio, Pontevedra, Arteixo, Ferrol e Riazor) e a final  en Miño (Lugo); o resto serán probas a disputar.

As novas probas do calendario son Castrelo de Miño (1 km-30 km-7 km), Cenlle ( estrada Ourense) (750 mtrs.-20 km-5 km), Moaña( 750 mtrs.-20 km-5 km), Muxía ( 750mtrs.-20 km-5 km) e Ribeira, que o quedar fora dos clasificatorios, podería organizar un olímpico; quedou pendente de confirmar ás distancias.

Respecto ó triatlón cross, de momento solo esta o de Amizade.

Tamén queda pendente de confirmar a data para o acuatlón que este ano farase en Portosín.

Por último, os LD serán o Aviaman (data confirmada o 12-05-2013) e o Desafío Illas Cíes )o 15-09-2013).

Seguiremos informando segundo teñamos noticias mais concretas.

Share this post