CAMPIONATO GALEGO DUATLON ESTRADA 2013

CAMPIONATO GALEGO DUATLON ESTRADA 2013

 

Representacion do club no campionato galego 2013 en Santiago de Compostela
Fotografía: Asun Monroy

Hoxe domingo 5 de maio disputouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego de Duatlón, no que o club tivo unha ampla representación, tanto na proba do Campionato Galego como na proba popular, nun circuíto calificado como duro pero espectacular no centro Histórico Compostelán, con resultados moi satisfactorios para os nosos duatletas.
Na proba feminina, o club local Arcade Inforhouse, mostrouse como claro dominador da proba acadando os tres primeiros postos liderados por Marina González.
Na categoría feminina sub 23, a nosa duatleta, María Martínez acadou o podio na segunda posición. ¡Noraboa campioa!
Na proba masculina Gustavo Rodríguez foi o claro dominador da proba dende o inicio, acadando o campionato .
Os nosos duatletas fixeron un moi bo papel: Quique Morán (), Ismael Lago (17º) e Diego Pereiro (33), facendo moi bos resultados despois da dura proba do Campionato Nacional de Pontevedra do pasado domingo.
Na proba popular que se disputou paralelamente ó Campionato Galego, Alberto Domíngez, Pablo Soto, Saúl Fernández, Felipe Mariño e David Mariño, finalizaron a proba contentos e satisfeitos polo bo rendemento acadado.
¡Parabéns a todxs!

 

Share this post