Campionato de España Cadete en Pista Cuberta en Valencia.

Iria na participación na III Carreira Urbana Festas do Cristo 2012

 

Iria Rodríguez Huertas represéntanos no Campionato de España Cadete en Pista Cuberta que se celebra no Palau Velódrom Luis Puig de Valencia, participando na xornada do sábado á tarde na proba de 600 m.. Chega Iria cunha marca mínima de 1:40,86 conseguida en Oviedo no pasado mes de febreiro.

Esta excelente atleta e triatleta, tamén é unha gran nadadora. Recordamos que a pasada fin de semana conseguiu unha medalla de bronce no Campionato de España de Natación en 100m braza.

En breve estará tamén no campionato de España de Campo a Traves en Ávila.

Iria foi entrevistada onte no programa Escoita Deporte da Radio Municipal de Tui. Podedes escoitalo eiquí.

En canto teñamos os resultados da proba, colgaremos a nova.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *