Campionato Galego de Cross no Monte do Gozo.

Campionato Galego de Cross no Monte do Gozo.

Juan Carlos Vidal nos 10 KM de Zamáns disputados o 28 de octubre de 2012

 

A Federación Galega de Atletismo organiza este fin de semana a disputa dos Campionatos Galegos de Cross Curta por Equipos, Cross Cadete e Xuvenil individual e por equipos e o Memorial Alejandro Lorenzo de Cross.

Será o domingo día 20 no Monte do Gozo.

Si andas por Santiago, anímate a vir a animar á xente do noso Club.

Alí estarán Iria Rodríguez Huertas e Iago Sobreira como represtentantes Cadete e Xuvenil respectivamente no campionato galego Xuvenil e Cadete.

No campionato galego de Cross Curta por equipo teremos no equipo feminino a Raja Rizki, María Martínez, Sandra Sobreira, Irene Sobreira, Mónica Pena e Beatriz Bergueiro, sendo as tres últimas debutantes nesta modalidade.

No equipo masculino de cross curta estarán representándonos Santi López, Ismael Lago, Juan Carlos Vidal, Diego Salgueiriño e as nosas últimas fichaxes César Pérez Novás Diego Paz Sobreira.

O vindeiro domingo 27 de xaneiro, disputarase o campionato galego de Cross longo en Ribeira.

Esperemos que teñan éxitos.

Sorte!.

 

 

 

Share this post