Campionato Provincial Benxamín de Pista ó Aire Libre

O sábado 30 de maio, nun día soleado e algo ventoso, celebrouse nas pistas de Vilagarcía de Arousa o Campionato Provincial Benxamín de Pista ó Aire Libre, encadrado dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Os representantes do club foron Álex Rodríguez Lorenzo e Uxía Rodríguez Huertas, e ámbolos dous participaron nas probas de 50 ml e 500 ml. Magnífica posta en escea de Álex, que logrou o subcampionato en 50 ml, mentres que Uxía foi sexta. Na proba de 500 ml, Uxía quedou cuarta, mentres que Álex pagou o esforzo da proba anterior e non puido estar cos mellores. Desgraciadamente, non podemos poñer os tempos porque o enlace da páxina da FGA ós resultados non vai. Para compensar, mandamos unhas fotos.

IMG-20140531-00163 (Large) IMG-20140531-00164 (Large)

Crónica e fotografías: José Antonio Rodríguez.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *