CROSS ESCOLAR DE MONTERREI 2015
O domingo 8 de marzo celebrouse a carreira escolar do colexio Monterrei en Vigo nunha maña cun sol esplendido.
O primeiro en correr sería o cadete masculino onde o noso representante seria David Burgos Argibay acadando unha meritoria 1ª posición.
O seguintes en correr , serían os infantis masculinos onde Daniel Philippan Salinas acadou a 7ª posición.
Nos alevines teriamos no masculino a Gonzalo Gallego Rodríguez que acadaría a 5ª posición e no alevín feminino a Laura Alonso González que acadaría o 1º posto e Noa Burgos Argibay o 7º posto.
Na categoría benxamín Uxia Bautista Estevez acadaría a 7ª posición e Xavier Pérez Sousa a 5ª. Xa nos máis cativos Xavier Bautista Estevez acadaría a 7ª posición en prebenxamíns e Maia Pérez Sousa a 2ª posición en pitufos.
E para rematar na carreira dos pais Jose Antonio Burgos Rey acadaría a 1ª posición e Cesar Pérez Novas a 5ª.
Crónica: Ángeles Gonzalez Matos
Fotografías: Ángeles Gonzalez Matos