Carreira de campo a través pola Integración San Xerome. A Guarda

Carreira de campo a través pola Integración San Xerome. A Guarda

O sábado pasado disputouse no camping de Santa Tegra (A Guarda) a carreira de campo a través pola Integración San Xerome, onde houbo unha escasa participación debida ás datas coincidentes co entroido.

O Club Atletismo conseguiu dous éxitos máis. Yago López Sousa na categoría alevín masculina e Nicolas Guisande Vieito na categoría infantil masculina subiron ó podio como primeiros en sendas categorías.

Nicolás Guisande, primeiro na categoría infantil masculina.

 

Yago López, primeiro na categoría infantil masculina.

Conseguimos tamén un magnífico cuarto posto na categoría alevín feminina onde nos representaba Carla Guisande Vieito.

Agradecémoslle ó Centro San Xerome a boa orgnización da proba así coma o detalle de obsequiarnos cun trofeo ao club pola participación nesta proba.

 

Yago, Nicolás e Carla cos trofeos. Carla pousa co trofeo outorgado ó noso club.

 

Share this post