Campionato Galego Infantil de Verán de Natación.

Campionato Galego Infantil de Verán de Natación.

Disputouse esta fin de semana en Ourense o Campionato Galego Infantil de Verán de Natación, no que participou a nosa atleta Iria Rodríguez Huertas. A pesares de non estar ó 100%, en plena preparación para o Campionato de España Infantil (Pontevedra, 24 ó 28 de xullo de 2013), e do abafante calor que tivemos que soportar na Piscina Cuberta de Ourense, logrou un ouro, unha prata e un bronce nas tres probas individuais nas que participou, e un ouro máis no relevo de 4×100 estilos. As marcas non foron moi boas, pero non só as súas, todas en xeral: facíase insoportable estar dentro das instalacións, e no exterior tampouco non se estaba moito mellor.

Para quen queira ir ver a Iria a Pontevedra, poremos na páxina os horarios dentro duns días.

Crónica: José Antonio Rodríguez.

Fotografía: Arquivo.

Share this post