Carreira de San Telmo 2015

O domingo 12 de Abril tocou correr en Tui, na carreira de San Telmo 2015 organizada polo club atletismo Tui-Thermalia.

A carreira de adultos arrancou as 10:30 dende a emblemática rúa Corredeira,  con máis de seiscentos participantes. Nunha mañán espléndida para  correr entre amigos. Numerosa a participación do noso club nesta proba.

Circuito a dúas voltas (6500mtrs), que percorria a primeira parte da carreira polo casco antigo da vila e a segunda polo paseo a carón do Rio Miño e volta a empezar sen antes subir unas cincuenta escalóns que fixeron as delicias dos participantes ante de finalizar cada volta.

As 11:30 comenzaron as carreiras dos máis cativos, con moi boa  participación onde as  emocións e anécdotas foron a tónica.

Noraboa o club atletismo Tui-Thermalia polo gran traballo.

20150412_102232 (Custom)
Parte da familia do club que participou na proba

 

Crónica: Víctor

Fotografía: Romina.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *