Campionato de España Cadete en Pista Cuberta, obxetivo cumplido para Iria.

Campionato de España Cadete en Pista Cuberta, obxetivo cumplido para Iria.

Iria Rodríguez Huertas na pasada Carreira das Festas do Cristo en O Porriño.

Fotografía: Rubén Huertas.

 

Esta fin de semana, celebrouse en Asturias o Campionato de Asturias Cadete, Xuvenil e Veterán en Pista Cuberta.

Acudiu alí a nosa atleta Iria Rodríguez Huertas, unha das máis firmes promesas do Club Atletismo Porriño, para tentar acadar a marca mínima e poder así participar no Campionato de España Cadete en pista cuberta. O obxectivo de Iria era conseguir a clasificación para as distancias de 600 m. e 1.000 m..

En ámbalas dúas probas (600m. e 1.000 m.) Iria tivo unha mala saída. Conseguiu o primeiro posto na proba de 600 m. cun tempo de 1:40,86. Na carreira de 1.000 m., conseguiu un 3º posto.

Con estes resultados, Iria cumpliu sobradamente o obxectivo desta fin de semana: lograr as mínimas que lle permitan participar no vindeiro Campionato de España Cadete en Pista Cuberta a celebrar en Valencia os días 9 e 10 de marzo.

Estaremos pendentes e manterémosvos informados.

 

Share this post