Carreira Popular de San Telmo 2013

Carreira Popular de San Telmo 2013

Parte dxs atletas do club que participaron na carreira adulta.

O pasado domingo 07 de abril disputouse en Tui a tradicional Carreira Popular de San Telmo que organizan os nosos compañeiros do Club Atletismo Tui-Thermalia.

A carreira discurriu polas rúas vellas de Tui e polo paseo a carón do río Miño, completando preto de 7.000 m.

Outro ano máis, levamos bastante representación de atletas do noso club a esta carreira.

Comenzou a carreira coas categorías de adultos (dende xuvenil ata veterán).

César Pérez Novás rematou na 5ª posición absoluta e 2ª da na categoría Veterán A Masculino, cun tempo de 22:18 logrando así o primeiro podio do club.

Pouco tempo despóis, con 23:01 apareceu Enrique Morán, 9º na proba absoluta e 6º na categoría senior masculina. Seguidamente no posto 12º da absoluta e marcando 23:20 apareceu Diego Pereiro Alonso.

 

Diego Pereiro chegando á liña de meta.

Diego Salgueiriño no posto 20º con 23:53 e Marcos Fernández Carrera no posto 22º cun tempo de 23:58 facían a súa chegada prácticamente xuntos.

Hai que destacar os postos logrados polos xóvenes como Carlos Vidal Fragueiro que rematou 42º cun tempo de 25:46 (5º na categoría xuvenil masculina), María Martínez González, posto 49º na xeral e 2ª na súa categoría senior feminina (segundo podio do club), Raja Rizki 4ª na categoría senior feminina (posto 104º da xeral) e Sandra Sobreira Otero 5ª en senior feminina.

 

María Martínez durante a carreira.

Miguel Ángel Novoa, Venancio Paramos Pérez e Diego Hernández chegaban prácticamente no mesmo tempo nos postos 70º,72º e 79º respectivamente. Máis tarde chegaría José Manuel Salgueiriño Maceira no posto 95º.

Destacamos tamén terceiro podio conseguido por Irene Sobreira ó quedar 3ª na categoría veterán feminina (193ª na xeral).

Jesús Amandi Gómez (124º), Pablo García Barbeira (186º), Paula Gómez Benavides (225ª) que se estreaba nas carreiras populares acompañada de David Rollano Volaboa (226º), completaron a participación dos adultos.

 

Paula Gómez e David Rollano no primeiro paso pola liña de meta.

Proseguiu a competición coa celebración das carreiras de categorías inferiores, onde logramos tres podios.

Na categoría cadete masculina, partíamos con 2 participantes; Héctor Álvarez e Xesús Conde que fixeron o 4º e 7º respectivamente.

Ángel e David Pichel Gomes lograban os dous primeiros podios dos menores rematando 2º e 3º respectivamente, seguidos de Chiki Mohssine que rematou 4º na proba. Pablo López Fernández, remataba na plaza 12º.

Diego Rodríguez quedando 3º na categoría benxamín masculino, conseguindo o terceiro e último podio dos cativos do noso club.

 

Diego no 3º posto do podio.

Fotografía: Ana Rodríguez.

Noraboa!.

Share this post