Comezo da tempada 2019 – 2020

O vindeiro día 11 de setembro, mércores,  comezaremos os adestramentos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas), excepto para os adultos e nenos que fagan nova licenza.

Por cuestións de seguro deportivo, os nenos que queiran vir a probar poderán facelo a partir do 1 de outubro.

No caso de novas licenzas de adultos:

Licenzas Atletismo: recomendámosvos chamar ao noso teléfono de contacto, xa que este ano cambia o periodo de vixencia das licenzas de atletismo e estamos á espera de cambios por parte da federación.

Licenzas Triatlón: a partir do 1 de xaneiro de 2020.

Podedes consultar toda a info de cotas e servizos aquí.

Se vos apetece vir a adestrar connosco,  pasade polas nosas instalacións no Polígono Industrial de A Granxa, na parcela 248A. Alí aclararémosche tódalas dúbidas que poidan xurdir e tramitaremos toda a documentación para dar de alta as licenzas federativas de Atletismo ou Triatlón.

Animádevos a vir connosco!!!.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *