Cross Atapuerca 2013

Nunha fría e húmida maña, con 3 grados de temperatura e choiva constante, dispuouse a edición de 2013 do mellor Cross de España (algúns din que do mundo): O Cross de Atapuerca (Burgos). Baste dicir que o día anterior, o circuito estaba completamente nevado.

 

Uxía Rodríguez Huertas durante a proba benxamín.

Participaron representando ó Club Atletismo Porriño, Iria Rodríguez Huertas, aínda en proceso de recuperación na carreira e cada vez sentindo mellores sensacións, que acadou unha meritoria 6ª posición de 184 rapazas na categoría cadete feminino. Iria correu os dous quilómetros en menos de 7 minutos (6:59); e Uxía Rodríguez Huertas, decimosexta de 181 participantes na carreira de benxamín feminino, índo de menos a máis e facendo o quilómetro a 4:17.

 

Crónica e foto: José Antonio Rodríguez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *