Campionato de Galicia de Cross curto por equipos 2016
O domingo día 31 de xaneiro de 2016 celebrouse na localidade lucense de Friol o Campionato de Galicia de Cross curto por equipos.
O público puido disfrutar das carreiras nun bonito circuito de 1 km. aprox., debuxado sobre leiras de herba cun perfil esixente e cunhas condicións duras para a carreira. A choiva deixaba o terreo difícil e con algunhas zoas moi embarradas. Os e as atletas ianse ter que empregar a fondo si se quería ir rápido porque íase facer moi dura.
![IMG-20160131-WA0013](https://www.atletismopor.com/wp-content/uploads/2016/02/IMG-20160131-WA0013.jpg)
As rapazas fixeron una carreira fabulosa, tendo en conta que para alguha era a primerira carreira de cross que facía, e que o resto, non puido adestrar moito para a proba. O equipo estivo formado por, Mónica, Eva, Irene, María, Iria e Sandra. O esforzo feito por todas foi extraordinario, pero hai que aplaudir sobre todo a Eva, que sin ter entrenado todo o que lle gustaría fixo un gran esforzo por terminala e colaborar con equipo, que o final acadou o 6º posto absoluto.
![IMG-20160131-WA0015](https://www.atletismopor.com/wp-content/uploads/2016/02/IMG-20160131-WA0015.jpg)
![IMG-20160131-WA0014](https://www.atletismopor.com/wp-content/uploads/2016/02/IMG-20160131-WA0014.jpg)
Na carreira dos mozos, o equipo formado por Brais, Isma, Cesar, Burgos, Víctor e Marcos, tiveron que competir con equipos de moi alto nivel e corredores especialistas nesta especialidade que van verdadeiramente moi rápido. Finalmente acadaron o posto 7º de 23 equipos participantes.
![IMG-20160131-WA0016](https://www.atletismopor.com/wp-content/uploads/2016/02/IMG-20160131-WA0016.jpg)
Felicidades a todos pola magnífica carreira pero sobretodo polo compañeirismo e a boa sintonía que mantedes como grupo, que fai moito máis doado a organización de calquera saida ás probas, conseguir obxectivos ou organizar calquera evento para o equipo.
Felicitar tamen a Iria Rodríguez que acadou o 2º posto no campeonato galego xuvenil feminino e a David Burgos que se estreou na categoría xuvenil, cunha boa carreira.
O único aspecto negativo do que hai que facerse eco, é a falta de carpas ou zonas cubertas no circuito, onde poder cambiarse e asearse antes e despóis das carreiras. E sobretodo, duchas con auga quente. Isto é algo que debe esixírselle ós organizadores da proba.
Crónica: Marcos Fránces
Fotografías: Manuel Castro