I Duatlón Popular Concello de Riveira

Onte celebrouse o I Duatlon popular no Concello de Riveira, disputándose todo o percorrido polo paseo marítimo, inaugurado o mesmo día da proba. Percorríanse 2,3 km de carreira a pé, 16 km de bici e outros 2,3 km de carreira. Todo transcorreu ó longo dunha mañá condicionada polo frío e un notable vento procendente da costa.

 

Iago Sobreira no podio, despois de recoller o premio ó segundo clasificado xuvenil.

Esta vez o noso club contou coa participación de Iago Sobreira García e Sandra Sobreira Otero. Iago comezou impoñéndose na carreira a pé, pero na bici perdeu algúns postos e finalmente conseguiu acadar un 19º posto na categoría xeral e 2º na  categoría xuvenil; Sandra rematou no 4º posto da xeral feminina e 4ª na categoría senior.

 

Crónica e foto: Sandra Sobreira

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *