I XORNADA PRÁCTICA NA TRANSICIÓN NO DUATLÓN

 

Víctor Fortes na transición, en Riazor 2012
Fotografía: Ana Bugarín

 

Coa idea de seguir sumando na formación do triatleta, onte venres o club  realizou a I xornada  práctica de transicións na modalidade dúatlon, con gran participación.

A xornada estivo estructurada en tres apartados básicos:

-Regulamento a cumprir na transición.

-Colocación da bici, casco e zapatillas.

-Montaxe e desmontaxe da bicicleta.

No apartado primeiro, explicouse qué accións son penalizadas e cales permitidas na área de  transición, onde por unha falta de información ou coñecemento  podese botar por terra todo o traballo realizado na carreira. 

O segundo punto tratou sobre a colocación da bicicleta, casco e as zapatillas na bicicleta para perder o menor tempo posible na entrada e saída da transición.

Por último falamos da montaxe e baixada da bici ó pasar as líñas permitidas para estas accións. Este terceiro punto foi o prato forte da xornada, onde os triatletas tiveron tempo a practicar, sobre todo os recén chegados a este deporte. Algún queixouse de romper os calcetíns!.

Con esta nova xornada, o club segue na liña de formación de aspectos básicos na práctica do triatlón.

Seguiremos formando e informando.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *