II Carreira Popular «A Seca» do Concello de Poio

Hoxe celebrouse a II Carreira Popular «A Seca», no Concello de Poio.

Aí tiñamos a cinco atletas que fixeron 4 podios. Un papel excelente.

Temos que destacar á familia Sobreira como a gran triunfadora.

Nai e fillos fixeron unha estupenda actuación. Iago Sobreira rematou 2º na categoría cadete, Sandra Sobreira 3ª na categoría senior e Irene Sobreira rematou 2ª veterana.

Ismael Lago Monroy rematou 3º senior. Tamén tivemos presente a José Burgos, que está collendo pouco a pouco o ritmo de competición. En breve o veremos dar guerra.

 

 

De esquerda a dereita de arriba a abaixo: Sandra e Irene Sobreira, Ismael Lago Monroy e Iago Sobreira lograron podios na carreira.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *