II CROS DO XAMON, A Cañiza 2013

Os participantes do club
Fotografía: Erik limiactiva

En A Cañiza,  capital  do xamón da provincia de Pontevedra, celebrouse a pasada semán a segunda edición do cross do Xamón.

Cun percorrido moi vistoso, os sobes e baixas eran continuos ata chegar ó cumio máis alto da proba, onde as vistas do val do rio Miño eran espectaculares. Alí  comezaba un descenso de 4km por uns magníficos carreiros e coa sorpresa de ter que correr por un regato de 200 metros e facer o ultimo quilómetro cos pes empapados. A última costa, a subiron tan só uns poucos correndo.

A participación foi todo un éxito nesta segunda edición, onde saíron a correr 180 participantes.
O noso club estivo representado por Marcos 11º, Juan Carlos 13º, Diego 20º e Victor 33º. Destacar a magnifica organización da proba

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *