II Eurocidade 10

Hoxe disputouse en terras portuguesas e españolas a II Edición da Eurocidade 10 entre as localidades de Valença do Minho (Portugal) e Tui (España), percorrendo un circuito 10 km.. Dábase a saída ás 11 h. hora española achegándose a carreira ata a fortaleza de Valença, baixando á ponte internacional (ponte vella) e percorrendo o Concello de Tui polo paseo fluvial e rúas da zoa vella, facendo a volta tamén pola ponte vella internacional. Un circuito espectacular á par que exixente.

Tivemos unha representación de 16 atletas do club e 4 podios.

O primeiro podio a salientar foi o logrado por César Pérez Novás, un atleta que está a traballar moitísimo para manterse arriba. Foi segúndo na súa categoría (veteráns A) e 3º absoluto, detrás de Daniel Bargiela (Bikila)(gañador da proba) e Óscar Bernárdez. César acadou un tempo de 34:40 a moi pouca distancia da segunda posición.

César Pérez Novás subido no segundo posto da súa categoría.

O segundo podio foi para un atleta moi ben querido na familia; é un dos veteráns do club. Manuel Fernández Pereiro (Pere) conseguiu a 3ª praza dos veteráns B masculino cun tempo de 38:44.

Pere no 3º posto do podio de veteráns B.

O terceiro merecidísimo podio foi para Raja Rizki, que cun tempo de 45:36 conseguiu o 2º posto na categoría xuvenil/promesa feminina e o 3º posto na categoría absoluta.

 

Raja Rizki, 2ª na categoría xuvenil/promesa feminina.

Carlos Vidal Fragueiro, foi o que completou os podios acadados hoxe. Rematou no posto da categoría xuvenil/promesa masculino e 48º na absoluta cun tempo de 39:09.

 

Carlos Vidal Fragueiro no primeiro posto da categoría xuvenil/promesa.

Completaron a ampla participación do noso club Juan Carlos Vidal (26º), José Antonio Burgos (35º), Miguel Ángel Gil (93º), Miguel Ángel Novoa (212º), Carlos Álvarez (214º), Pedro Afonso (215º), Adrián Rey (248º), Moncho Conde (258º), Isaías Burlido (308º), Mónica Pena (337º), Irene Sobreira (353º) e Rafael Cañada (400º).

Parte da expedición antes da proba.

Parte da expedición despóis da proba.

Felicitamos ó Club Atletismo Tui – Thermalia pola perfecta organización da proba. Un 10!.

Agradecementos polas fotografías: Eusebio Rey e Juan Carlos Vidal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *