3ª Milla Urbana Concello de Padrón e Campionato Galego de 1.000 en Ruta

Hoxe tiña lugar en Padrón a celebración da 3ª Milla Urbana Concello de Padrón que se englobaba dentro do Campionato Galego Absoluto de Milla en Ruta dende as categorías cadete ata veterán. Así mesmo disputábase o Campionato Galego de 1.000 m. en Ruta para as categorías dende benxamín ata infantil.

Tiñamos a varios atletas participando, todos eles con opcións.

Yago López Sousa, que participaba na proba alevín, onde se proclamaba campión de Galicia dos 1.000 m. en ruta cun tempo de 3:30 o km.

 

Foto de arquivo do club. Yago López Sousa na pasada Interrunning de O Porriño

Iria Rodríguez Huertas, que se andaba con algunha reserva para unha proba crucial que tiña esta mesma tarde (Campionato Galego Cadete de Pista AL), tamén competía na proba cadete e xuveni. Neste caso, Iria corría como cadete. Chegaba en 4ª posición quedándose a piques do podio, pero clasificándose como  mellor galega cadete e campioa Galega nesta modalidade. Debemos destacar a victoria da nosa amiga Uxía Pérez Bugarín do Atletismo Tui – Thermalia.

 

Foto de Moses. Iria Rodríguez Huertas disputando a proba cadete e xuvenil

 

Na proba absoluta masculina onde se impuso Victor Riobó, participaba Diego Salgueiriño, conseguindo un estupendo posto 18º, cun tempo de 4:59. Un tempazo.

 

Foto de Moses. Diego Salgueiriño (dorsal 77) disputando a proba absoluta masculina

Agradecementos polas fotos ó foreiro Moses da páxina de correr en galicia. A foto de Yago é unha foto de arquivo do noso club.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *