O asfalto da Avenida de Samil

O asfalto da Avenida de Samil

 

Roberto Alonso á esquerda e José Antonio Burgos á dereita (camisetas vermellas) no inicio da carreira.

O pasado domingo 29 de setembro, a Avenida de Samil en Vigo foi testemuña da segunda edición da carreira popular que leva o nome do coñecido areal vigués.

Máis de 1.100 corredores fóronse dando cita ó longo das primeiras horas do día, para con rigurosa puntualidade ás 11 da mañá tomar a saída dunha proba que a xulgar polo éxito de participación acadado, consolídase no calendario das populares máis destacadas.

Nesta ocasión o tempo, o contrario do acontecido na primeira edición na que se tivo que aprazar a carreira por mor das inclemencias metereolóxicas, respetou os numerosos atletas congregados, os cais gozaron dunhas condicions idóneas. Percorríanse 10.000 metros dun circuito homologado pola Federación Española de Atletismo cun perfil rápido, a pesares dos 5 xiros de 180º existentes ó longo do percorrido deseñado por unha organización á cal compre felicitar.

A proba estivo dominada dende ben cedo por José Carlos Adán do Atlhetics Smooy Team e Elías Domínguez do New Balance Team, quenes impuxeron un forte ritmo de inicio co que marcaron unha notoria distancia cos seus máis inmediatos perseguidores, convertindo a carreira nun duelo que se decantou finalmente por Carlos Adán, quen no kilometro 8 impuxo un cambio de ritmo incontestable e consegiu distanciarse definitivamente do incombustible Elías Domínguez. O terceiro posto foi para Alvaro Prieto fervenza do Affelou Naron.

Representaron o Club Atletismo Porriño os nosos compañeiros Roberto Alonso Vázquez, José Antonio Burgos Rey e Pablo Regueira Martínez.

Crónica: Roberto Alonso Vázquez.

Foto: Extraída do foro correr en Galicia. Usuario Xinzo.

 

Share this post