Novas para a sección de Triatlón/Duatlón na nosa web

Fotografia: Triatlon cross Amizade 2012 (jose luis,Victor,Sandro,Gago,Miguel, Quique)
Fotografía: Ana Bugarin

 

Xa levamos un tempo traballando para mellorar a sección de triatlón. Dende o ano pasado, colleu o mando Víctor Mouriño, que leva traballado moitísimo por esta sección e polo Club. De feito, pediunos que abrísemos unha nova pestana na páxina web para poder colgar novas para xs triatletas. De seguro que a partires de hoxe, notaredes máis movemento na sección de Triatlón/Duatlón da nosa web. Dentro de esa sección é onde colgaremos as novas relativas a esta modalidade. Estamos traballando para que as novas de Triatlón tamén queden reflexadas na páxina de inicio. Iso xa é unha cuestión de tempo….

 

FOTOS PROBAS

2013

Xullo

I Triatlón Longo Caminha

Maio

1º Triatlón Concello de O Porriño

Aviaman 2013

Final Provincial Duatlón Escolar en O Porriño. 05 de maio 2013.

Final Campionato Galego de Duatlón de Estrada en Santiago de Compostela. 05 de maio de 2013.

Febreiro

Duatlón de estrada Concello de Lugo. Febreiro 2013

Campeonato galego duatlón cross Poio. Febreiro 2013

Enero

Duatlon cross Maside. Febrero de 2013

Duatlon cross Candean. Enero de 2013

Duatlon cross Beariz. Enero de 2013

Duatlón cross Ribadumia. Enero de 2013

2012

Abril

Duatlón Cidade de Xixón, Asturias. Abril de 2012

Maio

Duatlón Pedras Brancas, Asturias. Maio de 2012

Xullo

XII Triatlón de Pontevedra. Xullo de 2012

Triatlón de Oleiros. Xullo de 2012

Triatlón de Poio. Xullo de 2012

Triatlón de Arteixo. Xullo de 2012

Agosto

Campionato Galego de Acuatlón de Riveira. 11 de Agosto de 2012

Setembro

Triatlón Olímpico Riazor de A Coruña, 02 de Setembro de 2012

Campeonato galego de triatlón cros de Bueu, 23 de Setembro de 2012

Triatlon Amizade 2012


Agradecementos a: Marta e Jorge, Xurxo Otero, Pedro Afonso , Víctor Mouriño,Ivan Regueira, Cristal, Alberto Domínguez e Ana Bugarin

 

REGULAMENTO XÓVENES ATLETAS

REGULAMENTO DA VI CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO

1- O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Excmo. Concello de O Porriño, organiza a “V CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO”, que se celebrará o día 13 de febreiro de 2011, a partires das 10:30 horas no centro de O Porriño.

2- Poderán participar todos os atletas con Licencia Federativa en vigor, ou ben os rapaces e rapazas dos Colexios que estean inscritos no Deporte Escolar. O resto dos participantes deberán estar asegurados polo Club ou Anpa que os inscribe.

3- As inscricións deberán facerse na páxina web do Club Atletismo Porriño ( www.atletismopor.com ) na pestana da Carreira Xóvenes Atletas con data tope o día 10 de febreiro, facendo constar o nome, apelidos, data de nacemento, nº de Licencia e Club ou Colexio. As inscricións son de balde, no admitíndose inscricións o mesmo día da proba.

4- A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.

5- Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o reflexado neste regulamento.

6- Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo da proba na saída, que estará ubicada no Concello de O Porriño.

7- Entregaranse trofeos ós 5 primeiros de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a tódolos participantes.

8- As categorías, orde de saída e distancias son as seguintes: (Dependendo do nº de participantes poderán agruparse categorías nunha mesma carreira)

CATEGORÍA

ANOS NACEMENTO

(METROS)

Hora aprox.

BENXAMÍN FEMININO

2002-2003

1150

10:30

BENXAMÍN MASCULINO

2002-2003

1150

10:40

ALEVÍN FEMININO

2000-2001

1400

10:50

ALEVÍN MASCULINO

2000-2001

1900

11:00

INFANTIL FEMININO

1998-1999

1900

11:12

INFANTIL MASCULINO

1998-1999

3000

11:25

CADETE FEMININO

1996-1997

3000

11:45

CADETE MASCULINO

1996-1997

3800

12:05

PREBENXAMÍN MASCULINO

2004-2005

600

12:30

PREBENXAMÍN FEMININO

2004-2005

600

12:35

PITUFOS MASCULINO

2006-2007-2008

100

12:40

PITUFOS FEMININO

2006-2007-2008

100

12:43

Club Atletismo Porriño

Vº Bº

CALENDARIO XÓVENES ATLETAS 2013

27 de Xaneiro – BAIONA (A LADEIRA)

2 de Febreiro – CAMPEONATO PROVINCIAL (Sólo clasificados) (Pendente de cambio)

17 de Febreiro – O PORRIÑO (CENTRO) (Pendente de cambio)

24 de Marzo – SAN MIGUEL DE OIA

7 de Abril – BEADE

14 de Abril – MONTERREY

21 de Abril – MOSTEIRO

28 de Abril – CASTRO SAN MIGUEL (CASTRELOS)

26 de Maio – BARROS (GONDOMAR)

Xunio – Beade (Pendente de confirmación)

 


 

Xunta directiva

Estimado/a amigo/a:
O CLUB ATLETISMO PORRIÑO dáche a benvida á súa páxina web onde podes consultar o calendario de carreiras, coñecer a breve historia do club, poñerche en contacto connosco, coñecer a directiva do club, estar ao tanto da actualidade do club, coñecer aos nosos atletas, observar a galería fotográfica enlazar coas mellores páxinas de atletismo.Esperamos que goces da nosa web tanto como nós gozamos do atletismo. E por suposto estades invitados a participar na nosa carreira, VI Carreira Popular As Agüiñas a celebrar no mes de maio.

Historia do club

En 1998 da comezo a andaina deste club coa inscrición de 10 atletas na Federación Galega de Atletismo, entre eles a famosa ultrafondista Alzira Lario.
Este club arranca con Alberto Lario de presidente, continuando ata o ano 2000, cando xa contabamos con 25 atletas inscritos na Federación Galega de Atletismo.

NOVA XUNTA DIRECTIVA

  • Presidente:Aurora Sousa Rodríguez
  • Vicepresidente: Víctor Mouriño Fortes
  • Tesorero: Juan Carlos Vidal González
  • Secretario: Carlos Álvarez Avila
  • Vocal Deporte Escolar:Jose Antonio Rodriguez López
  • Vocal Xóvenes Atletas:Margarita Argibay Alonso
  • Vocal Triatlón: Alfonso Conde Figueroa
  • Vocal Administración Triatlón: Carlos Vázquez Vilar