TRAIL SERRA DA GROBA 2014 (BAIONA)

O sábado 8 de novembro celebrouse en Baiona o Trail Serra da Groba. A proba disputábase en dúas distancias; unha de 55km e outra de 25km ademais dunha andaina non competitiva. Do noso club asistiron Pablo, Rocio, Ramón, Adrián, David, Moncho, Moisés e Santi,todos eles competindo no Minitrail de 25km.

A proba comezaba dando unha voltiña por Baiona bordeando o Castelo de Monterreal para logo subir as «escaleiriñas» ata a Virxe da Roca. Despois da breve visita turistica, xa tocaba botarse ao monte para empezar a ascender pola Serra da Groba. Un percorrido xa esixente, axudado polo vento e a choiva, fixo que o que máis e o que menos tivera que apretar un pouco os dentes, sobre todo pola zona máis alta do traxecto, onde non por iso deixamos de disfrutar dunhas bonitas vistas da zona, destacando as do Cabo Silleiro onde rompían unhas impresionantes ondas. Despois de ahí xa polo abrigo da montaña todo era un pouquiño máis doado, alternando baixadas e subidas ata chegar de novo a Baiona. Os nosos participantes foron chegando cada un dentro das suas posibilidades destacando a sobresainte actuación da nosa representante feminina Rocio Blanco que cun estratosférico crono de 3:07 proclamabase gañadora destacada do Minitrail, deixándonos a todos coa boca aberta e demostrándonos o que se pode conseguir con esforzo e dedicación. En resumo, un bonito trail, ben organizado, e unha boa maneira de disfrutar dunha mañá de sabado rompendo o corpiño correndo, pero saíndo un pouco da monotonía do asfalto.

 

Santi,Ramón e Rocio

Os rostros o dicen todo.

Crónica: Santiago Romero Ons

Fotografía: Santiago Romero Ons

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *