V TRAVESIA A NADO DE BUEU 2013

V TRAVESIA A NADO DE BUEU 2013

 

As augas de Bueu tinguíronse onte de decenas de gorros de cores dos participantes da travesía a nado pola rexeneración da praia de Pescadoira, un evento que logrou reunir 200 nadadores de diferentes partes da xeografía española e portuguesa.

A proba estruturabase en tres saidas:

A primeira de 7.500mtrs saia dende a praia de Ancoradouro, dividiuse en dous grupos, os que baixaban das duas horas de natacion e os que o facian en duas horas e media, cun plazo de vinte minutos entre eles saindo primeiro os de duas horas e media. Nesta saida o club estaba representado por Sandra Sobreira e Victor Mouriño, que debutaban nesta distancia, facendo un tempo de 1:57:00 Victor (2º da saida 1) e de 2:00:00 Sandra (1º da saida 1).

A segunda saida de 4.430mtrs, saia dende a praia de Mourisca, que arrancaban cando o primeiro da saida larga pasaba por diante  da praia. Nesta salida o club estivo representado por Pablo Jacobo Soto e Oscar Otero, que tamen debutaban nesta distancia, cuns tempo de 1:11:00 de Pablo e 1:30:00 de Oscar.

E a terceira siada de 1.630mtrs, saia da praia de Beluso, que botaban a nadar cando o primeiro da proba larga pasaba por diante da praia. Outros dous debutantes na modalidade que representaban o club, Miguel Angel Gil ( cun tempo de 30)e Alberto Dominguez( cun tempo de 32) e a nosa fotógrafa de triatlón Cristal Vázquez que animouse a facer a travesía.

Gran día de travesía o disfrutado por todolos componentes do club, que remataron todos contentisimos por esta nova experencia.

En total, preto dun centenar de nadadores decidiron participar na modalidade máis longa, de 7.500 metros, mentres que 85 se decantaron pola saída dende Mourisca, a 4.500 metros da meta, e 45 partiron dende Beluso, a1.600 metros de Pescadoira.

Destacar a gran organización do evento.

Un dos momentos máis emotivos foi a chegada a terra do competidor Luis Carlos Aguallo, que chegou dende Cataluña para disputar a modalidade máis longa da proba. Este mozo realizou a carreira con tubo, debido a varias dificultades físicas que sofre como consecuencia dunha lesión cervical. “A súa chegada a meta foi impresionante, a xente estaba moi emocionada”

Share this post