XII EDICIÓN XÓVENES ATLETAS

CRÓNICA XII EDICIÓN XÓVENES ATLETAS 2018
07:30 da mañá do domingo 13 de maio de 2018. É de noite, vai frío, chuvisca os poucos, hai sono…Nada é impedimento pra que o bo humor domine nos preparativos, montaxe, organización do evento. Un exército de voluntarios se pon as ordes da directiva do clube Atletismo Porriño.
Dende ben cedo comezan a tomar vida as ruas do Porriño polas que vai trascorrer a prova.
Todo controlado pola Policia Local e Protección Civil. Lóxico se facemos un repaso das facianas do personal o mando, un ollos de soldador, outro ceño fruncido. A verdade que a min tampouco me ofrecían moita confianza. Un feixe de xente uniformada con petos fosforitos, parecía unha chirigota de Cadiz, todos pola rúa coma se estiveran de esmorga…
Iso non era o peor, un dos que levaba a voz cantante ia con sombreiro e non o puña cando orballaba ou polo frío,(noutras ocasións cas mesmas condicións meteorolóxicas non o teño visto con el), ese sombreiro se facía ver a hora de dar ordes ou cando o galiñeiro se desmadraba. Sombreiro igual símbolo de rango. ¡CAPITÁN, MI CAPITÁN! (ref. ”El club de los poetas muertos”). Un espectáculo. Menos mal que estaban as forzas e corpos do estado pra garantir a seguridade…
Toda a maquinaria engraxada pra que os verdadeiros protagonistas disfrutaran dunha xornada deportiva.
As 10:45 comezaron as probas ca categoría cadete nun circuito urbán totalmente plano, no que os atletas darían un xiro ou dous dependendo da distancia de cada categoría. Rúa mollada que ocasionou algún que outro esvarón con caida incorporada pero sen golpe de importancia.
As 12:45 aproximadamente finalizan as probas ca categorías pitufos. Coma sempre das que máis berros de emoción despertan.
Finaliza o evento ca entrega de trofeos. Grandes resultados para os atletas do noso clube. Moito podium e moito trofeo. Non farei reseña de ningún en concreto xa que todos o fixeron estupendamente e disfrutaron dunha mañá de domingo deportiva cos seus compis, deporte, xogo, amizade…


A mención especial desta crónica é para tódalas nais que fan posible que se realicen eventos deste tipo. Tanto na parte organizativa do mesmo, como na de educar e inculcar @s su@s fill@s nunha vida sá e na práctica deportiva. O mesmo tempo que empregan o seu tempo en achegalos a estas festas do deporte.
Noraboa a todas elas e a tódol@s protagonistas: Oscar, Alex, Olalla, Carlos, Xián, Diego, Pablo Bacelo, Oscar, Noa, Lucía, María, Nico, Rodri, Pablo Mirás, Laureano, Laura, Alba, Uxía, Candela, Elena, Sabela, Adele, Sara, Xabier, Tomás, Mauro, Gorka, Elisa, Nerea, Leire, Hugo, Bruno, Alexandre, Mateo, Adrián

Crónica: Damian

Fotografía: Patricia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *