Triatlón / XII Triatlón Cidade de Ferrol (19/08/2012)

Na foto Ismael Lago.

Foto: Ana Bugarín.

O pasado domingo 19 de agosto, disputouse o derradeiro clasificatorio no triatlón de Ferrol.

Primeiramente, debemos felicitar a Gómez Noya por todo o seu traballo e esforzo. O vimos ás 08:30 da mañá rodando polas rúas de Ferrol, e despóis na proba, non foi a pasear senón que saiu a dalo todo como sempre. Todo un espectáculo velo correr!. Destacar a súa calidade humana ó non querer recoller o premio económico que lle correspondía. Pequenos xestos de gran valor.

Destacou a nosa representación con podios na categoría elite feminina, con María Martínez (2ª en sub-23, sendo 4ª na absoluta feminina) e Sandra Sobreira (3ª en xunior feminina, sendo 12ª na absoluta). Na categoría elite masculina obtivemos uns meritorios postos na carreira absoluta de Ismael Lago (38º), Saúl Fernández (96º), Jorge Álvarez (117º).

Na categoría popular, Anxo Pazo Sequeiros fixo podio na categoría masculina (2º na sbu-23 masculina, sendo 38º na absoluta masculina). A piques de subir ó podio estivo Iago Sobreira García (4º en cadetes masculino, sendo 24º na absoluta masculina).

O Club Atletismo Porriño, na súa sección de triatlón, pecha a tempada con 5 clasificados para o campionato galego a disputar o vindeiro domingo 26 de agosto en Lugo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *