Meia Maratona Manuela Machado 2013. Viana do Castelo
Ademáis de estar presente hoxe no Cross de Santiago, moitos atletas do noso club, desplazáronse ó país veciño para correr a Meia Maratona Manuela Machado 2013.
Resultou ser unha carreira acompañada pola choiva.
O primeiro clasificado do noso club, foi Marcos Fernández Carrera, facendo un tempo de 1:24:58. Marcos está a fecer unha tempada inmensa.
Máis tarde apareceu na meta Manuel Fernández Pereiro (Pere) cun magnífico 26º posto na súa categoría cun tempo de 1:25:24.
A pouco tempo, e facendo 1:28:04 apareceu por meta Alberto Domínguez Lemos, quen está levando unha progresión ascendente dende que comenzou a tempada. Nun tempo de 1:34:26, chegou Carlos Vázquez Vilar 162 na súa categoría.
Os nosos irmandiños José Ramón Conde e Isaías Burlido chegaron a meta cun tempo de 1:45:01 e 1:48:26
Tres dos nosos representantes. Alberto Domínguez, Carlos Vázquez e Manuel Martínez antes da saída.
Fotografía: Alberto Domínguez Lemos
Podedes consultar a clasificación eiquí