Campionato Provincial de Cross en Ribadavia
Este pasado domingo celebrouse o Campionato Provincial de Cross en Ribadavia, organizado polo Club Deportivo Aurum e a Delegación da FGA.
A pesar do mal tempo, os nosos atletas fixeron presencia neste acto. Foi un circuito no que a choiva e o frio fixéronse notar, e no que o uso das zapatillas de clavos eran imprescindibles para correr polo barro. A primeira carreira foi a de cadete e xuvenil, na que Carlos Vidal e Iago Sobreira acadaron o 3º e 4º posto respectivamente, cun rexistro de 14′ 55” e 14′ 59” sobre unha distancia de 4km. A seguinte carreira onde o Club Atletismo Porriño estivo representado foi na de alevíns, onde Carla Guisande acadou o 2º posto nuha distancia de 1km. Por último, na carreira absoluta feminina Sandra Sobreira percorreu 5km nun tempo de 22’51”, e acadou o 8º posto absoluto e 1º na categoría promesa.
Sandra, e a muchachada do club: Carlos e Iago.
En xeral, a pesar do frio, as sensacións dos nosos atletas foron moi boas e o circuito gustou moito. Esta carreira deixou un bo sabor de boca para participar no seguinte cross, que sera o Campionato Galego Cadete-Xuvenil e o curto por clubs o vindeiro 26 de xaneiro en Lugo.
Os resultados da carreira poden consultarse aquí http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Ourense/ro120114.pdf
Foto e crónica: Sandra Sobreira