XV MARATÓN AUTONÓMICO URBANO – SPECIAL OLYMPICS GALICIA – PORRIÑO 2013

 

A décimo quinta edición do Maratón Autonómico Urbano Special Olympics Galicia percorrerá as rúas de Porriño o próximo sábado 5 de outubro.

Special Olympics Galicia, asociación adicada á promoción das persoas con discapacidade a través do deporte e do ocio, organiza en colaboración co Concello de O Porriño, de FADEMGA FEAPS GALICIA e da Asociación ACEESCA, o XV Maratón Autonómico Urbano Porriño 2013.
Esta nova edición celebrarase polas rúas e Porriño o sábado 5 de outubro, e contará coa participación de 165 deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia, que estarán acompañados por 46 adestradores. En total, o evento deportivo reunirá a máis de 281 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

Os xogos seguirán as regras básicas dos eventos deportivos organizados por Special Olympics establecéndose tres niveis na Competición en función dos coñecementos que os deportistas teñen das regras así como das súas capacidades físicas. Os atletas de Nivel I recorrerán unha distancia de 4.000 metros, os de Nivel II, de 1500 metros, os de Nivel III recorrerán unha distancia de 800 metros e os participantes no Maratón Adaptado recorrerán unha distancia de
300 metros.

O acto dará comenzo as 10.45 co desfile dos deportistas. Posteriormente un atleta da Asociación ACEESCA lerá o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento” e unha vez finalizado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos. As carreiras levaranse a cabo dende as 12.00 ata as 14.30 horas aproximadamente, momento no que se procederá á súa clausura.

En total son 14 as asociacións participantes, das cales 3 proveñen da provincia de Lugo, 5 de A Coruña, 2 de Ourense e 4 de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *