Campionato Galego de Campo a Través en Riveira

Campionato Galego de Campo a Través en Riveira

 

O vindeiro domingo 27 de xaneiro terá lugar no vistoso circuito do Mirador de Couso no Concello de Riveira o Campionato Galego de Campo a Través junior, promesa e absoluto individual e por equipos, no cal se darán cita os mellores fondistas galegos que desexen acadar a casificación para o campionato de España por autonomías que se disputará o 3 de marzo (sede sen determinar). A proba foi presentada o pasado venres no Concello de Riveira e terá o impulso do Concello de Riveira que amosa unha vez máis a súa colaboración total co atletismo galego o organizar na presente tempada a Gala Anual do Atletismo, o Campionato Galego Junior, Promesa e Absoluto individual e por equipos de Campo a Través, a fase clasificatoria en pista de deporte escolar, o Campionato Galego de Veteráns en pista e o Campionato Galego de 5 km en ruta ademais de croses escolares de XOGADE e a tradional carreira pedestre de Santa Uxía que a pasada tempada foi campionato galego de 10 km en ruta.

As probas dos Cammionato Galego comenzarán pola categoría junior femenina e darán comenzo as 11:10 horas.


HORARIOS CROSS CAMPIONATOS GALEGOS

11:10 h Junior Mulleres                                     4900 m aprox

11:40 h Junior Homes                                       6850 m aprox

12:15 h Promesa – Senior Mulleres                       6850 m aprox

13:00 h Promesa – Senior Homes                      10750 m aprox

 


CATEGORÍAS MENORES

Previamente realizaranse probas para escolares federados e non federados nun cross popular cuios horarios serán os seguintes:

HORARIOS CROSS CONCELLO DE RIVEIRA CATEGORÍAS MENORES

09:50 h Benxamín – alevín mulleres                  1000 m aprox
10:00 h Benxamín – alevín homes                     1000 m aprox
10:10 h Infantil homes – mulleres                      2000 m aprox
10:25 h Cadete – xuvenil mulleres                    3000 m aprox
10:40 h Cadete – xuvenil homes                       4000 m aprox

As inscricións das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil poderanse facer a través deste formulario:

CARTEL E INFORMACIÓN CROSS CATEGORÍAS MENORES

FORMULARIO DE INSCRIPCION CATEGORIAS MENORES

Nova extraída de comunicación da Federación Galega de Atletismo.

 

 

 

 

 

Share this post