IX TROFEO VILA DE CANGAS ATLETISMO EN PISTA

IX TROFEO VILA DE CANGAS ATLETISMO EN PISTA

Nunha soleada mañá de domingo, celebrouse o IX Trofeo Vila De Cangas Atletismo en Pista. Como representante do Club Atletismo Porriño tivemos a Iria Rodríguez Huertas, participando na proba dos 3000 ml absoluta, a que acadou unha meritoria segunda praza, só por detrás da xuvenil Uxía Pérez Bugarín, gañadora da proba e do trofeo na categoría feminina.

A marca final de Iria foi de 10:33.93, oito segundos menos que no Trofeo Reconquista, e supón a terceira mellor marca de España en Pista ó Aire Libre desta tempada. O obxectivo desta proba non era outro que preparar a competición da semana vindeira, porque vai competir en Burgos na primeira xornada do LVI Campionato de Clubes de 1ª División co Atletismo Feminino Celta, por ser club asociado. Despois dunha dura semana de adestramentos, o sábado tivo competición de natación, na que acadou unha moi boa marca na proba de 200 braza (2.43.77), a cuarta mellor marca de España en piscina de 25m na categoría infantil. A pesares do cansanzo, hoxe foi capaz de mellorar a marca que tiña, e esperamos que en Burgos sexa aínda mellor.

Uxía Pérez Bugarín e Iria Rodríguez Huertas

Fotografía: III Carreira Urbana Festas do Cristo en O Porriño 2012.

Fotógrafo: Rubén Huertas (editada en 2013 por Club Atletismo Porriño)

Share this post