Carreira 5+5 Pontenoite 2013
Onte disputouse a Carreira 5+5 Pontenoite 2013. Trátase dunha carreira nocturna polo centro urbano de Pontevedra.
Disputábanse dúas carreiras: unha carreira de 5 km e outra de 10km.
Tivemos dous participantes neste evento, posto que moitxs dxs nosxs atletas van diputar hoxe a V Carreira de Amorín.
Na distancia curta, os 5.000 m., Diego Pereiro estreouse como campión. Conseguiu a victoria na carreira de 5 km cun tempo de 16:27, cun marxen de minuto e medio sobre o segundo clasificado, Antón Gómez do Celta de Vigo. Ben merecido que o ten Diego. Noraboa!.
Diego Pereiro no alto do podio.
Na carreira de 10.000 participaba Pablo Regueira, que conseguiu baixar dos 40 minutos cun tempo de 39:44.