Clasificacións As Agüiñas. Diego Salgueiriño 2019 – Xóvenes Atletas

Boa noite a todos.

Este ano estreamos circuito obrigados polas circunstancias das obras nas nosas instalacións. Coma resultado, esta mañá atletas de tódalas idades participaron nun mini Trail de 5 km, con serpenteantes subidas e baixadas, onde os espectadores disfrutaron tanto coma os participantes.

Grazas a tod@s por acompañarnos, celebrando o deporte en homenaxe ao noso compañeiro Diego.

Deixámosvos as clasificacións por categorías e esperamos que repitades a experiencia o próximo ano.

MOITAS GRAZAS E FELIZ VERÁN!

Clasificacións:

Carreira Absoluta

Cadetes Masculino

Cadetes Feminino

Infantil Masculino

Infantil Feminino

Alevín Masculino

Alevín Feminino

Benxamín Masculino

Benxamín Feminino

Prebenxamín Masculino

Prebenxamín Femenino

Pitufos Masculino

Pitufos Feminino

 

”WINTER IS COMING”

  

Domingo 27 de Xaneiro, atletas madrugadores desafían a noite no albor do día.

Sono e frío fan mella n@s pequen@s e non tan pequen@s. Agardaba unha ruta de 130 minutos pasando por Ripam Avia (Ribadavia), Aquae Urente (Ourense) e Saxa Intercisa (Montefurado) ata chegar a vila de A Rúa.

Nos agardaba o campionato Galego de campo a Través, Memorial Alejandro Lorenzo reservado para as categorías sub 10, sub 12 e sub 14.

Moito frío, ceos anubrados e choiva intermitente. Magníficas vistas no circuito habitual na zona, piso brando na maioría do percorrido e un par de zonas máis duras que non impedían a utilización de zapatillas e cravos curtos.

Comeza a andadura as 10:40 a categoría sub 10 cunha distancia de 0,8 km. Boa carreira de Tomás (ata uns minutos antes estaba en dúbida por unha dor nun nocelo) cun tempo de  3’13” e tamén de Aarón cun tempo de 3’33”.

Seguiron os sub 12 a percorrer unha distancia aproximada de 2 km onde Xabier fixo 8’26” e Laureano 9’29”. Queda mencionar que o pai de Xabier lle dixo que regulase por ser distancia longa, tanto regulou que rematou cun super sprint de 200 mtrs. E tamén Laureano se queixou das zapatillas de cravos, tamén lle dixo o seu pai que as puxera e non lle foi ben. (Benditos pais, si morderan a lingua…, mellor non que igual morrían envenenados…)

Primera participación de mulleres do clube na categoría sub 14 a percorrer unha distancia de aproximadamente 2 km. Uxía rematou cun tempo de 8’21” e María 9’46”. Uxía quedou contentísima pola mellora personal e María progresa no seu esforzo por abrir cada vez máis esa zancada. Superación persoal. Bravo rapazas.

Quenda das seguintes mulleres, categoría sub 16 cunha distancia de 2,7 km. Noa e Carmen sempre cun sorriso fixeron 11’07” e 11’29” respectivamente.

Última rapazada, categoría sub 16 masculina, a percorrer unha distancia de 3,9 km. Parella inseparable, super colegas, Carlos e Álex.  14’19” para o primeiro e 14’48” para o segundo. Bo traballo e satisfacción nas suas facianas.

Grandes tod@s @s rapaz@s do clube por disfrutar, sufrir, xogar e pasar outro domingo de convivio.

Pero claro, antigamente, igual que na actualidade, os tronos non se adquirían por merecemento, si non por autoridade divina e moral. Por autoridade moral adquiriron o trono do  I Campionato Galego de Campo a Través de relevos mixto o equipo formado por Patricia, Salgueiriño, Inma e Burgos. Décima posición oficial cun tempo total de 34’26”, sobre unha distancia de 7,8 km, aproximadamente 2 km por posta. Equipazo cunha media de idade de máis de 10 anos que o resto de equipos. Satisfacción personal de cada un deles por ter superadas con creces as súas expectativas. Bravo polo equipo, un exemplo a seguir. Patricia e Inma…¡¡BRAVAS!!

Que se prepare o reino. ”Atletismo Porriño is coming”

XII EDICIÓN XÓVENES ATLETAS

CRÓNICA XII EDICIÓN XÓVENES ATLETAS 2018
07:30 da mañá do domingo 13 de maio de 2018. É de noite, vai frío, chuvisca os poucos, hai sono…Nada é impedimento pra que o bo humor domine nos preparativos, montaxe, organización do evento. Un exército de voluntarios se pon as ordes da directiva do clube Atletismo Porriño.
Dende ben cedo comezan a tomar vida as ruas do Porriño polas que vai trascorrer a prova.
Todo controlado pola Policia Local e Protección Civil. Lóxico se facemos un repaso das facianas do personal o mando, un ollos de soldador, outro ceño fruncido. A verdade que a min tampouco me ofrecían moita confianza. Un feixe de xente uniformada con petos fosforitos, parecía unha chirigota de Cadiz, todos pola rúa coma se estiveran de esmorga…
Iso non era o peor, un dos que levaba a voz cantante ia con sombreiro e non o puña cando orballaba ou polo frío,(noutras ocasións cas mesmas condicións meteorolóxicas non o teño visto con el), ese sombreiro se facía ver a hora de dar ordes ou cando o galiñeiro se desmadraba. Sombreiro igual símbolo de rango. ¡CAPITÁN, MI CAPITÁN! (ref. ”El club de los poetas muertos”). Un espectáculo. Menos mal que estaban as forzas e corpos do estado pra garantir a seguridade…
Toda a maquinaria engraxada pra que os verdadeiros protagonistas disfrutaran dunha xornada deportiva.
As 10:45 comezaron as probas ca categoría cadete nun circuito urbán totalmente plano, no que os atletas darían un xiro ou dous dependendo da distancia de cada categoría. Rúa mollada que ocasionou algún que outro esvarón con caida incorporada pero sen golpe de importancia.
As 12:45 aproximadamente finalizan as probas ca categorías pitufos. Coma sempre das que máis berros de emoción despertan.
Finaliza o evento ca entrega de trofeos. Grandes resultados para os atletas do noso clube. Moito podium e moito trofeo. Non farei reseña de ningún en concreto xa que todos o fixeron estupendamente e disfrutaron dunha mañá de domingo deportiva cos seus compis, deporte, xogo, amizade…


A mención especial desta crónica é para tódalas nais que fan posible que se realicen eventos deste tipo. Tanto na parte organizativa do mesmo, como na de educar e inculcar @s su@s fill@s nunha vida sá e na práctica deportiva. O mesmo tempo que empregan o seu tempo en achegalos a estas festas do deporte.
Noraboa a todas elas e a tódol@s protagonistas: Oscar, Alex, Olalla, Carlos, Xián, Diego, Pablo Bacelo, Oscar, Noa, Lucía, María, Nico, Rodri, Pablo Mirás, Laureano, Laura, Alba, Uxía, Candela, Elena, Sabela, Adele, Sara, Xabier, Tomás, Mauro, Gorka, Elisa, Nerea, Leire, Hugo, Bruno, Alexandre, Mateo, Adrián

Crónica: Damian

Fotografía: Patricia

CRÓNICA DUATLÓN ESCOLAR DE NIGRÁN 2018

Mañá do domingo 15 de abril de 2018, agardábamos choiva en Nigrán, o tempo nos deu unha mañá apacible con respecto a auga. Pola contra por momentos se levantaba un vento moi frío.
Gran día pra atoparse c@s nov@s amig@s tralo campamento de tri, apertas e ledicia o reencontrarse. Gran día pra comprobar a boa sintonía entre os clubes Atletismo Porriño e Atletismo Tui, equipazo.
Fantástico lugar para a práctica do duatlón, praia América. Treito a pé totalmente plano igual o circuito de bicicleta. Agás unha parte, uns 200 mtrs con pendiente que primeiro tomaban en sentido ascendente e logo descendente cunha rotonda o final da baixada pra poñer en valor a habilidade e a técnica na bici.
As 10:30 da comezo a proba pre-benxamín donde Tomás realiza un primeiro sector a pé fabuloso, un sector en bici espectacular no que se recuperou dun pequeno erro de orientación/organización o collela bicicleta e un último sector a pé afianzando a sua primeira posición, gran victoria.


Esta deu paso @s benxamíns, na que participaron: Iria que fixo bos sectores a pé pero frouxeou na bici, con práctica todo se soluciona. Pola banda masculina interviron Laureano que sufriu moitísimo no último sector e se quedou sen facer un ”pra”??? na bici… E Xabier, primero sector a pé moi discreto, primeira transición na que o puideron descalificar, descolgou a bici antes de poñelo casco, nervos, cansancio, falta de práctica, perdeu moito tempo. O compensou cun excelente sector de bicicleta chegando a transición pra encaralo último sector na loita polo terceiro posto. Boa transición e mellor último sector a pé, como lle recoñeceu o seu entrenador. Meritorio terceira posición moi lonxe dos primeiros.


@s infatiles Laura, Noa, Paula, Sabela, Carlos, Nico e Diego foron o grupo máis nutrido de tódalas nosas categorías. Moita emoción ofrecida por el@s. Non todo está perdido si non se fai un gran primeiro sector, a bici pode dar folgos coma no caso de Carlos, que demostrou que en 6 km se pode recuperar moito treito. Pola contra miramos como Sabela sufríu nesta parte. Moi constante Laura que acadou a medalla de bronce.

Noa, Pula e Sabela acadaron o quinto, sexto e séptimo posto conseguindo así o primeiro posto por equipos. Grande carreira masculina a que nos brindaron Nico e Diego, o primeiro indo en cabeza gran parte da carreira rematando segundo e Diego que afianzou o terceiro posto vendo de lonxe os dous primeiros e o cuarto clasificado. Con Carlos octavo conseguiron igual cas féminas o primeiro posto por equipos.


Por último Lucía, Pedro e Chiki, este último facendo excepcionais sectores a pé pero con moita falla de bicicleta, igual lle pasou a Lucía e Pedro. Hai que rodar máis. Finalizaron sexta, octavo e sexto respectivamente.
Bravo a todolos MINITRILEIROS.

Crónica: Damián

Fotografía: Patricia

CROSS COUTADA BEADE

”Estamos no ano 50 a.c., toda a Galia está ocupada polos romanos…, ¿Toda?, ¡Non!. Unha pequena aldea poboada por irreductibles galos resiste todavía e sempre o invasor.” (Bibliografía; Astérix)
Estamos nun domingo de abril, toda a comarca de Vigo está ocupada por competicións deportivas de distinta índole, chove a mares, ninguén sae da casa…¿Ninguén?, ¡Non! Un grupo de irreductibles atletas resiste todavía e sempre os madrugóns e as inclemencias meteorolóxicas.
O XLII Cuadraxésimo segundo cros escolar Coutada Beade non se ia resistir os feros atletas.
Os irreductibles foron AstroNoax, AMariax, FalbaUxía, KaraSabela, Laureanix, Xabierix e Abelux. Tamén coñecidos como Noa, María, Uxía, Sabela, Laureano, Xabier e Abel.
Mix de coliseo(circuito), alternando asfalto, terra, barro e cemento. Varias caidas na lama na categoría benxamín na que se víu involucrado Xabier. Todos chegaron con lama até o cú. Algún nocelo magoado dalgún participante…
Moito mérito pra o máis pequeno da expedición na sua primeira carreira, Abel deu cabo dos seus 1000 mtrs.
Bravo a todos por participar e afrontalo día cun sorriso. Todos levaron premio, todos disfrutaron e a uns máis ca outros moralmente lles viu estupendo. A quen non lle gusta ter recompensa?.
Non podía rematar sen rememorar a anécdota do día. Alevín masculino, nos adiantamos 200 mtrs da saida Xabier e máis eu, duas curvas enlazadas cun pouquiño de pendiente en sentido descendente. Xa se sinten chegar, Laureano encabeza o pelotón cus metros de ventaxa, comeza a curva en baixada, abre os brazos e ca velocidade que levaba e o vento dándolle na faciana (parecía Leonardo di Caprio en Titanic) berra : ¡SOY EL P… AMO!!!, nos miramos Xabier e eu, lle dixen, foi a emoción, seguro que quería dicir !SOY EL AMO DEL MUNDO!!! Risas e máis risas. Un artista.
Non sabedes o que vos perdedes, diversión garantizada.

Noa Burgos no podium

Crónica: Damián

Cross San Miguel de Oia 2018

Domingo 18 Febreiro.
Mañá un pouco fría pero soportable grazas o sol que xa ia quecendo dende ben cedo. Unha nutrida orda de intrépidos guerreiros…, para ser máis exactos 20 xoves atletas do clube Atletismo Porriño, se dispuñan a disfrutar do 41º trofeo de campo a través San Miguel de Oia. Coma sempre espectacular percorrido, un pouco duro segundo os entendidos.
Inaugura a competición de integrantes do noso clube Anxo Lorenzo Bautista tan ledo coma sempre. Un gustazo velo disfrutar percorrendo os seus 3.700 mtrs. Vaia catro cheerleaders que tiña…, o perseguían por todo o circuito dándolle folgos.
Lle siguen as sub 14 femininas pra facer 1575 mtrs., Lucía Ramírez Fernandez, María Mariño Pardo que nos amosou de novo o comunmente e coñecido “síndrome de María” e Noa Burgos Argibay que acadou un quinto posto que a facía merecedora dun trofeo.


Entran en acción a parella formada por Xián Martinez Ferreira e polo noso super informado Carlos Bautista Bugarín. 8:48” e 8:35” respectivamente para os 2100 mtrs. A Xián lle custou poñerse a quecer e a Carlos se lle viu un pouco canso durante a carreira.
Féminas sub12, 1075 mtrs., a categoría con máis participantes e creo que tamén a máis emocionante. Elena Rey Martinez, Sabela Guisande Vieito e Uxía Bautista Estévez fixeron a guerra pola sua banda chegando as tres a vez a meta e acadando 4:30”, 4:31” e 4:31” respectivamente. Ainda que facendo unha moi boa carreira Alba Riveira Iglesias se quedou un pouco descolgada da cabeza de carreira acadando a séptima posición cun tempo de 4:17”. Descolgada polo ritmo infernal que impuxo Laura Ramirez Fernandez dende o inicio e levando o peso da carreira ata os últimos metros. Carreirón, demostración de forza, non lle chegou o pinga de gasolina que deixou para o final.

Gran segundo posto cun tempo de 3:56”.
Laureano Mariño Pardo e Xián Lorenzo Bautista fan os seus 1575 mtrs. con 6:52” e 7:11” respectivamente.
Chega a quenda pra Elisa Nuñez Martinez, 3:57” pra 700 mtrs., a só 4” so terceiro posto. Da igual, co contenta que estaba…


Sub 10 masculino, a parella de “pajarracos” en acción. 3:47” pra Tomás Bautista Bugarín, sufrindo coma sempre e 4:05” pra Xabier Bautista Estévez que nos deixou unha nova mostra do estrano “síndrome de María” e unha incognita no aire: ¿será contaxioso o “sindrome de María”?

Tómas

Entre tanto chega o verdadeiro espectáculo, a carreira popular, Jose Antonio Burgos Rey, Nacho Louriño Vazquez, Venancio Paramos Perez, Jose Carlos Bautista Davila e Jose Manuel Salguiriño Maceira. Uns craks, mención pra Venancio, un exemplo pra pequenos e medianos.
3700 mtrs. pra David Burgos Argibay e os seus 14:00” e Mouhssine Chiki e os seus 13:01”, fantásticos os dous en especial Chiki, na loita por defender a sua cuarta posición nos últimos 200 mtrs. Espectáculo.


Remata a participación super Jaco Louriño Sastre. Olímpico sprint de 00:25”
Fantástica mañá de emocións en Oia. Gran organización, gran circuito e gran honrra a que nos fixo ca sua presenza o super entrenador Fonsete. Moi profesional cas suas gafas de sol, pra que os seus discípulos non visen os seus ollos feros e punzantes o dalas instruccións, así non se asustarían e non correrían con esa imaxe na sua cabeza. O dito, moi profesional.

Crónica: Damián
Fotografías: Patricia

nada e corre RIBEIRA-RIVEIRA. 2018

Soan os despertadores as 06:30, non é lúns, é domingo e custa levantarse. Aproveitando ata o último minuto na cama, ninguén se quere levantar…
No punto de encontro, as 07:20 se teñen que atopar os feroces trileiros Uxía, Carlos, Tomás e Xabier. Nos queda máis dunha hora de camiño no que un durme e o outro lee.
Chegando o destino nos chama a atención, Ribeira ou Riveira, carteis dun e doutro xeito. Non se deben poñer dacordo pra iso nin pra abrir un bar ou “after” pra tomar un café.
Con caras longas, as nove comeza o quecemento, moito nadador@ pra pouca piscina. Marabunta nas ruas. Despois de poñerse a tono e das correspondentes instruccións do mister de aluguer ,Totó, nervios e emoción comezan a notarse na nosa expedición.

Os nosos trileriños,Carlos,Uxia,Xavier e Tómas

Tomás inaugura a participación en piscina facendo segundo na sua serie, Xabier o imitou e máis tarde acada a mesma posición na sua serie. Competir está ben, pero bailar mentres o fan os demais está mellor. Uns artistas.
Logo dos máis pequerrechos vai Uxía con menos uñas nas máns e o super concentrado Carlos, cada un na sua categoría, igualaron tamén resultado, cada un primeiro na sua serie. Gran recompensa pra Uxía que saiu cun sorriso enorme da auga. Igual pra Carlos que disfruta e se nota.
Hai que mencionar e poñer en valor o esforzo que fan os catro, xa que os competidores teñen un gran nivel na auga.
Pasan as horas, uns quecen, uns teñen frio, outros bailan enriba dunha tarima, entre tanto aparece a fame e chega o momento da carreira.
Tomás sae a todo gas e logra o terceiro posto. Chega a quenda de Xabier que remata a carreira ca cabeza gacha, non quedou satisfeito co resultado. Uxía fixo un bo sprint final e quedou moi satisfeita. Carlos correu moi ben, sabemos que é esixente e quería máis.
Remata a competición, Tomás se queda a sous segundos de subir o podium, Xabier, Uxía e Carlos acadan uns resultados fantásticos. Grandes peque-trileiros.
A fame apreta co que nos diriximos o restaurante “O Portón”, moi recomendado e con franquicias en moitos lugares. Matamos a fame, disfrutamos das vistas da praia de Coroso e o rematar collemos rumbo o fogar.

Cronica: Damian

Fotografía: Patri

Cross Andrés Abanqueiro 2017

Domingo 17 de Nadal de 2017. O parque de Castrelos clarexa baixo o branco da xeada nocturna, un frío que te cagas. E iso que non fomos dos máis madrugadores, arribamos sobre as 10:20.

Nos agardaba o XVII cross Andrés Abanqueiro 2017. Chegabamos a tempo para o comezo das probas.

Darían comezo as 10:30 ca categoría Infantil Feminina na que participou María, auténtico sputnik cunha gran saída, a ver quen a para si mantivese o ritmo os seus 1.615m .

10:45  continua o espectáculo , Carlos, que é de Ponteareas ainda que pareza de Bilbao, (nin pantalón nin camiseta térmica) e Diego que ía máis abrigado, (ande yo caliente, ríase la gente) correron os seus 1.821m.

Tras eles a organización nos deu unha tregua, mentres os cadetes corrían sen interese pola nosa banda, a que aproveitou o super entrenador Fonso, alias “agotador”, que nos honrou ca súa presencia, as últimas indicacións os  seus sempre atentos discípulos.

11:30  Catro alevíns amazonas se dispoñen a dalo todo durante 1.205m. Gran traballo de Nerea adaptándose a competición nas suas primeiras carreiras,  a Sabela e Uxía como son tan amables se ían dando paso unha a outra, “pasa ti, non pasa ti, ti diante por favor, ti jolín” e por último  Elena fixo un carreirón.

11:40 Laureano e Rodrigo se dispuñan a asaltar 1.615m. como alevíns. Laureano comezou con moita forza o que lle serviu pra ter unha boa renda no resto da carreira e acadar un posto máis que meritorio. Rodrigo correu a pesares de ter algunha molestia de última hora, non era o seu día, pero o fixo que é o que importa.

AS 11:55 percorrerían o circuito duro de castrelos, debido a escasa choiva, Leire, Elisa e Naiara. 646 m. de sorrisos , da gusto.

Leire, sempre sorrinte
Naiara facendo unha gran carreira

12:05 sigue facendo frío, non pra Tomás e Xabier, ainda non pararon dende que chegaron. Proba de resistencia pra @s nais e pais, pra eles 646m. Unha cousa queda clara, o dan todo. Entrega total.

Xabier a galope
Tomás coa súa habitual cara de sufrimento

Xa con algo de retraso, pasadas as 12:20 entran en acción Adrián, Humberto e Bruno pra pechar o concurso do clube. 440m que pensabamos que eran lisos. Bruno nos demostrou que non, caeu a rebolos na saida, se levantou, tocouse a cabeza pra comprobar que todo estaba no seu sitio e a seguir. Remata a carreira e mira o seu xeonllo, desta volta leva as dúas mans a cabeza e espeta: ”¡rompí el pantalón!”.

Bruno, repoñendose da súa caída

            Fría e soleada mañá na que os nenos, sufriron, correron, disfrutaron e xogaron na coñecida carreira do “perrito caliente”, pequena recompensa que fai felices a grandes nenos.

O groso do grupo facendo os preparativos para a carreira

 

Crónica: Damián Bautista

Fotos: Patricia Estévez